quienes somos

Somos un colectivo de xubilados e xubiladas fondamente preocupados pola deriva que se está a producir no Sistema Público de Pensións.

Estamos asociándonos para, de forma organizada, loitar contra as medidas antisociais tomadas ata agora polos gobernos, claramente dirixidas á desaparición deste Sistema, e encamiñadas a favorecer plans de pensións privados para beneficio do seus amigos da banca e das grandes aseguradoras, en prexuízo da clase traballadora, que en moitos casos, se non lle poñemos remedio, nos levarán a subsistir coas axudas da beneficiencia.

Falamos dun colectivo solidariamente organizado, plenamente democrático, asambleario e participativo. Fóra de todo sometemento a ningunha instancia partidaria, institucional ou patronal, pero abertos á máis estreita colaboración solidaria con todo colectivo humano disposto a defender consecuentemente a xustiza social e unha vida digna para toda a humanidade.