NOTA DE PRENSA dos movementos de pensionistas que convocaron as mobilizacións do 25 xaneiro.

No día de hoxe, 25 de xaneiro, realizouse unha mobilización estatal do movemento de pensionistas que tivo un amplo seguimento en todo o Estado. Aínda que por efecto da epidemia, nalgúns territorios as concentracións hanse substituido por entregas de firma ou accións nas redes sociais, a resposta foi masiva, extensa, con amplos apoios sociais e repercusión na opinión pública.

Nota de Prensa Conxunta 25/01/2021

O MODEPEN suspende as Mobilizacións convocadas para o 25 de Xaneiro.

A grave situación sanitaria, motivada pola negativa evolución da COVID19, motivou a suspensións das mobilizacións convocadas polo MODEPEN para o 25 de xaneiro. Esas mobilizacións, en defensa do sistema público de pensións, incluíanse dentro dunha xornada de loita convocada por diversas plataformas de pensionistas de todo o Estado, entre elas o MODEPEN.

Nota de Prensa: Suspensión da mobilización.

As pensións e a suma de dous desastres: O Pacto de Toledo e a Reforma de Escrivá.

As actuais recomendacións do Pacto de Toledo teñen un redactado tan xenérico que pode servir tanto para mellorar como para empeora as situación das pensións actuais e, sobre todo futuras.

Interesante artigo do portavoz dos Yayo@Flautas de Cartaxena, digno de ser lido de vagar para quen queira falar con fundamento da situación actual das pensións e do Pacto de Toledo.

Artigo:  As pensións e a suma de dous desastres: O Pacto de Toledo e a Reforma de Escrivá.

As Recomendacións do Pacto de Toledo e os Plans de Pensións Privados de Empresa: porqué os rexeitamos desde o movemento de pensionistas.

Nun artigo publicado, os días 5 e 6 de Xaneiro 2021, na edición en papel e electrónica do xornal NÓS DIARIO, os pensionistas galegos do MODEPEN pídenlle aos partidos políticos que, cando chegue o momento, voten nas Cortes Xerais en contra da desgravacións fiscais aos Plans de Pensións Privadas de Empresa. Ademais pídenlle aos sindicatos Artigo publicado: As Recomendacións do Pacto de Toledo e os Plans de Pensións Privados de Empresa: porqué os rexeitamos desde o movemento de pensionistas.maioritarios (CCOO, UGT, …) que na actualidade apoian eses Plans de Pensións de Empresa, que deixen de facelo e renuncien aos beneficios económicos que obteñen por participar na xestión deses Plans.

Artigo publicado: As Recomendacións do Pacto de Toledo e os Plans de Pensións Privados de Empresa: porqué os rexeitamos desde o movemento de pensionistas.