EXIXIMOS O IPC REAL E PENSIÓNS MÍNIMAS DIGNAS.
REXEITAMOS A PRIVATIZACIÓN.
As organizacións de pensionistas de diferentes Pobos e Comunidades do Estado Español asinaron un manifesto convocando unha nova mobilización conxunta e descentralizada en defensa do sistema público de pensións e contra a nova reforma que pretende recortalo e deterioralo unha vez máis para o vindeiro 12 de febreiro.
No manifesto chámase aos pensionistas e a toda a cidadanía, a defender unhas pensións dignas, o seu carácter público e unas condicións de traballo dignas, para EXIXIR:
– Garantir que en 2022 e anos sucesivos o poder adquisitivo das pensións se revalorice en función do incremento do “IPC real” (o “IPC Acumulado Anual”) tal como se viña facendo antes da reforma de 2011, así como a compensar a perda do 3% do poder adquisitivo das pensións do ano 2021.
– Garantir que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero en salarios e pensións e incrementando a pensión mínima até equipararse ao salario mínimo (SMI), e que este se sitúe no 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea.
– Garantir pensións públicas dignas xustas e suficientes e o carácter público do Sistema de Pensións, derrogando os recortes das reformas de 2011, 2013 y 2021, e rexeitando a privatización total ou parcial do mesmo, baixo calquera fórmula.
Manifesto da Xornada de Mobilización Estatal de Pensionistas do 12 de febreiro 2022.