Para poder responder con rigorosidade á pregunta os pensionistas esixen a realización previa da “auditoría de contas”.
En realidade non é unha esixencia dos pensionistas senón unha obriga da Disposición adicional sexta da Lei 21/2021, do 28 de decembro, de Garantía do Poder Adquisitivo das Pensións, que concedía ao Goberno “o prazo máximo dun mes” para encargar unha auditoría sobre “os ingresos provenientes de cotizacións sociais de natureza contributiva e non contributiva da Seguridade Social” entre os anos 1967 e 2019, incluídas as bonificacións e exencións recollidas na Lei xeral desa institución, para entregala “nun prazo máximo de seis meses” á Comisión do Congreso do Pacto de Toledo. O prazo xa hai tempo que rematou. E nada.
Obviamente non se poden saber as razóns do goberno para incumprir o prazo, pero si se poden apuntar algunhas hipóteses razoábeis:
– A primeira hipótese é que as previsíbeis conclusións da auditoría repercutirían considerablemente na estrutura da débeda pública española, aínda que sen modificar o seu importe.
Porque non estamos a falar de cifras menores: O informe de fiscalización do Tribunal de Contas, realizado hai dous anos, estimou, como mínimo, en 103.690 euros o financiamento que a Seguridade Social achegara entre 1967 e 2018 ao resto das administracións para cubrir conceptos non contributivos (71.862 millóns de euros de gasto indebidamente asumido pola Seguridade Social en complementos por mínimos e 31.828 de carácter sanitario) O propio organismo advirte de que estas cantidades “son meras estimacións” e que, en realidade, a cantidade sería maior. Ademais habería que sumarlle os intereses.
Para situarnos, eses 103.690 millóns son claramente superiores aos 99.184 millóns nos que se calculaba a débeda da Seguridade Social en xullo deste ano segundo os datos do Banco de España. É dicir, o saldo quedaría limpo de débitos mentres que a débeda pública da Administración central dispararíase ata sete puntos, situándose en 1,45 billóns.
– A segunda hipótese é que a auditoría desmantelaría o mantra de que a Seguridade Social e o seu sistema público de pensións van cara á bancarrota.
E non se nos escapa a importancia de manter este mantra, esta falsa percepción, para desa forma xustificar a súa privatización.
Por esta razón a realización da auditoría forma parte das reivindicacións dos pensionistas na vindeira manifestación do 15 de outubro.
Por esta razón a realización da auditoría forma parte das reivindicacións dos pensionistas na vindeira manifestación do 15 de outubro.
Ligazón a o artigo do diario Público “El Gobierno incumple la ley y congela la auditoría que permitiría el equilibrio contable de la Seguridad Social”.