Declaración das Plataformas e Movementos de Pensionistas dos Pobos e Comunidades do Estado.
Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos
Na concentración que adoita ter a Plataforma de Modepen en Ribadeo os primeiros sábados de mes o noso compañeiro Evaristo Lombardero Rico fixo un balance deste ano de loitas.
Dese cumprido balance saíron as páxinas que achegamos e que consideramos moi interesantes como referente tanto do que pasou neste ano no que pasaron tantas cousas, como pola perspectiva que nos ofrece dos traballos e reivindicacións que nos debemos marcar para o futuro inmediato.
Porque no 2022 afrontamos grandes retos: Unha grave crise social e política. Unha crise de unidade, hoxe mellor encamiñada, dentro do noso movemento. Unha reforma en profundidade do ministro Escrivá á que había que dar resposta, con éxitos reais, por certo, pero aínda non totais.
E entre os asuntos que aínda seguen pendentes cómpre mencionar especialmente a Auditoría das Contas da Seguridade Social, que xa debería estar feitas segundo a lei, ou a pretensión de Aumentar o período de computo para o cálculo das pensións. Sen esquecernos da suba, real, das pensións de acordo coa inflación, a eliminación da brecha de xénero, o non a privatización dos Plans de Empresa… ou do Dereito á Saúde e a Educación Publicas e de calidade, á un parque público de vivendas de alugueiro…
En calquera caso unhas páxinas que cómpre ler.
“A miña xeración -nacida nos anos setenta- nunca pensou na súa xubilación. E non digamos os máis novos, nativos precarios. Pero chegará o día, e é mellor que nos preocupemos por iso e non obviar as propostas de reforma das pensións.”
Así empezan estas interesantes reflexións de Isaac Rosa no xornal eldiario.es.
Unhas reflexións sobre paro e precariedade, autónomos, reforma das pensións… E que remata deste xeito:
“…Máis nos vale atender, informarnos, protestar cando sexa necesario, defender os nosos dereitos. Si, os nosos. Porque esta reforma, como as anteriores e as que veñan despois, non son para os xa xubilados -que por certo xa loitan polo seu, xa podemos aprender deles-, senón para os pensionistas do futuro. É dicir, nós. Que si, que vale, que aínda seremos novos aos setenta anos. Mozos e precarios. Mozos e pensionistas precarios, coma non espertemos.”
Artigo de Isaac Rosa no “eldiario.es”.