
Categoría: OUTRAS NOVAS – EN POLEIRO ALLEO


Reflexións dun mozo de corenta anos sobre as pensións: “Sí, jóvenes, están hablando de vuestras pensiones”.
“A miña xeración -nacida nos anos setenta- nunca pensou na súa xubilación. E non digamos os máis novos, nativos precarios. Pero chegará o día, e é mellor que nos preocupemos por iso e non obviar as propostas de reforma das pensións.”
Así empezan estas interesantes reflexións de Isaac Rosa no xornal eldiario.es.
Unhas reflexións sobre paro e precariedade, autónomos, reforma das pensións… E que remata deste xeito:
“…Máis nos vale atender, informarnos, protestar cando sexa necesario, defender os nosos dereitos. Si, os nosos. Porque esta reforma, como as anteriores e as que veñan despois, non son para os xa xubilados -que por certo xa loitan polo seu, xa podemos aprender deles-, senón para os pensionistas do futuro. É dicir, nós. Que si, que vale, que aínda seremos novos aos setenta anos. Mozos e precarios. Mozos e pensionistas precarios, coma non espertemos.”
Artigo de Isaac Rosa no “eldiario.es”.

Os fondos de pensións privados desínflanse e erosionan a xubilación de tres millóns de aforradores.
A noticia non pode ser máis demoledora: “Os fondos de pensións privados desínflanse e erosionan a xubilación de tres millóns de aforradores”: Cando lemos o artigo, comprobamos que non é unha esaxeración.
A causa principal é unha decisión política, a diminución dos beneficios fiscais que favorecían aos traballadores que “investían na súa propia pensión”. Uns beneficios fiscais que, por certo, pagamos entre todos (son ingresos que non recibe o estado) e que benefician aos que poden pagar estes plans (lembremos que o 10% dos traballadores con ingresos máis altos fan o 50% das achegas).
Pero non é só a caída dos beneficios fiscais (que está levando a moitos partícipes a cambiar estes fondos privados por adquisición de vivendas para alugar, como explica o artigo). Tamén está a perda de rendibilidade polo “pinchazo xeneralizados das bolsas” (en resume: É o mercado, amigo!)
Dirannos que a caída da rendibilidade forma parte da transición entre os fondos individuais e os de empresa previstos na Reforma Escrivá. Pero o problema de base segue a ser o mesmo, a dependencia financeira duns fondos privados que deixarán de ser un dereito garantido polo estado a depender do vai-vén dos mercados ou de “decisións políticas” (lembremos quen pagou o “rescate bancario”) quedando, para os traballadores que non dean entrado, a “pensión de toda a vida” que, por ser residual, poderá reducirse cada vez máis.
Contra esta mercantilización temos que defender as pensións como o que son: Un dereito a unha vellez digna.
Ligazón a o artigo de Público.es
Para máis información sobre os plans de pensións privados na reforma Escrivá, recomendamos este artigo do noso compañeiro Xabier Pérez Davila en Infolibre. Ligazón a o artigo de Infolibre.es
Este artigo publicouse tamén nesta páxina de MODEPEN. Ligazón ao artigo.

A auditoría da Seguridade Social e a inflación entre os obxectivos dos pensionistas cara ao 15 de outubro.
Artigo publicado en “65ymás” con información sobre a manifestación do 15 de outubro: Destácase a auditoría da Seguridade Social e a inflación.
1. A auditoría da Seguridade Social é unha reclamación histórica dos pensionistas, recollida por fin na Lei 21/2021, do 28 de decembro, mais aínda pendente. “Entre 1989 e 2013 España gastou máis de 103.690 millóns que pertencían á hucha das pensións noutras cuestións. Foi unha práctica aparentemente legal pero incorrecta, que fixo desaparecer os excedente de cotización ese colchón tan necesario para épocas de crise”. Queremos saber a verdade sobre o tan cacarexado “déficit do sistema”.
2. Outro obxectivo resaltado é a inflación: Como din os compañeiros de Andalucía (MADPP) “O novo mantra é que actualizar as pensións en función do IPC non é posible porque aumentaría a inflación e produciría máis déficit e máis débeda pública. Saben que menten, porque as pensións non afectan ás contas das empresas aumentando os seus gastos que “xustificarían” unha suba de prezos. Ademais, as pensións contributivas páganse coas cotizacións dos traballadores. Non se pagan con impostos e non producen déficit”.
Esta manifestación non vai ser o punto final das mobilizacións e xa estamos preparando mobilizacións para novembro. E seguiremos ata conseguir reverter as contrarreformas que nos están impondo. Como din os convocantes: “Ata acabar coa brecha de xénero en salarios e pensións, recuperar os dereitos perdidos nas sucesivas reformas das pensións, xerar un reparto equitativo da riqueza e mellorar e garantir servizos públicos e comunitarios universais de calidade.”
Unhas mobilizacións para as que estamos quentando motores. En Vigo, Ribadeo, Val Miñor, A Coruña… ou, o vindeiro 10 de setembro, Ferrol, etc.

A reforma das pensións entra na súa última fase.
O Diario.es (xornal considerado próximo ao goberno) infórmanos na ligazón adxunta do inicio da última fase da “Reforma das pensións”, en concreto o cálculo da xubilación e a cotización dos soldos máis altos.
Unha Reforma na que se ben atopamos algúns elementos positivos, froito da presión exercida polo movemento pensionista que conseguiu tumbar parte das medidas do anterior goberno de Rajoy como o “famoso” 025% ou o compromiso de sacar os gastos impropios da Seguridade Social ou o de realizar a tan necesaria auditoría (que, sen embargo, neste momento segue sen concretar).
Pero xunto a estes escasos puntos positivos a Reforma contén graves elementos negativos que levaron as plataformas e movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado a convocar para o 15 de outubro unha gran mobilización en Madrid esixindo a revalorización das pensións en función do incremento do IPC acumulado anual, por unha Pensión Mínima do 60% do salario medio, a eliminación da fenda de xénero en salarios e pensións e polo rexeitamento á privatización do Sistema Público de Pensións (SPP).
Tamén esixiremos a realización da prometida auditoría das contas da Seguridade Social aprobada na Lei 21/2021, do 28 de decembro, e aínda non realizada malia que xa pasaron máis de 6 meses desde que esa Lei foi aprobada, e ese era o prazo máximo para a súa realización de acordo co texto da mesma lei.
E desde logo estaremos pendentes deste último tramo de reformas, que vemos con razoable preocupación.

A brecha salarial penaliza máis ás mulleres maiores de 50 anos, un período crítico para a pensión.
Análise de Pepa Montero en “65 y más” sobre a brecha salarial entre homes e mulleres, a partir dos datos do ano Instituto Nacional de Estatística actualizados en 2020. Deses datos dedúcese unha brecha do 18,7% (unha redución de apenas 0,8% respecto a 2019). Máis preocupante é como a brecha na franxa dos 50-50 anos (moi importante á hora de fixar a pensión) sube ata o 22%. Máis información no enlace.
Artigo en “65 y más”: “Os prezos seguirán disparados en 2022, afundindo o peto do pensionista” (Pepa Montero)
“Os prezos seguirán disparados en 2022 polo menos ata mediados de ano, o que supón unha perda inmediata de poder adquisitivo para o peto do pensionista e un maior gasto acumulado en pensións para a Seguridade Social.”

No a la reforma Escrivá das Pensións.

CHAMAMENTO CONXUNTO DAS ORGANIZACIÓNS DE PENSIONISTAS DO ESTADO ESPAÑOL – MOVILIZACION O 29 DE MAIO
No día de hoxe, 29 de abril, en todos os territorios do estado, difúndese o chamamento conxunto das organizacións estatais de pensionistas que se anexa, convocando unha mobilización unitaria para o día 29 de maio. A reivindicación de pensións públicas dignas, xustas e suficientes e a oposición aos recortes e privatizacións que proxecta o ministro de seguridade social, Sr. Escrivá, son os elementos centrais da convocatoria.
A convocatoria foi lanzada inicialmente polo “Movemento de Pensionistas de Euskal-Herria”, probabelmente o movemento social de pensionistas con máis apoio cidadán do conxunto do estado, que tivo un papel destacado nas grandes mobilizacións de pensionistas dos anos 2018-2019. O MODEPEN, e outras organizacións de pensionistas do estado, despois de varias xuntanzas e contactos, decidimos facer nosa a convocatoria proposta de mobilización unitaria estatal para o día 29 de maio.
Enlace a o documento Chamamento Estatal mobilización 29 de maio

Vellez Digna interpón un recurso contra o sobresemento das querelas a DomusVi Aldán
Enlace a o artigo: Vellez Digna interpón un recurso contra o sobresemento das querelas a DomusVi Aldán
Enlace a nota de prensa: Vellez Digna interpón un recurso contra o sobresemento das querelas a DomusVi Aldán