{"id":2474,"date":"2022-11-27T19:11:46","date_gmt":"2022-11-27T18:11:46","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=2474"},"modified":"2022-12-05T10:53:19","modified_gmt":"2022-12-05T09:53:19","slug":"comunicado-de-manifestacion-19n-compostela-na-defensa-da-vida-digna-os-servizos-publicos-e-o-estado-de-benestar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2022\/11\/27\/comunicado-de-manifestacion-19n-compostela-na-defensa-da-vida-digna-os-servizos-publicos-e-o-estado-de-benestar\/","title":{"rendered":"Comunicado da Manifestaci\u00f3n 19N Compostela: Na defensa da vida digna, os servizos p\u00fablicos e o Estado de Benestar."},"content":{"rendered":"<p>Representantes do <strong>Movemento Galego en Defensa das Pensi\u00f3ns e os Servizos P\u00fablicos (MODEPEN Galicia)<\/strong>, a <strong>Plataforma Pensionistas Compostela<\/strong>, a <strong>Central Unitaria de Traballadoras (CUT)<\/strong>, a<strong> Confederaci\u00f3n Xeral do Traballo (CGT Galicia)<\/strong> e o <strong>Sindicato Labrego Galego-Comisi\u00f3ns Labregas (SLG-CCLL)<\/strong> -entidades convocantes canda <strong>TReGa<\/strong>,<strong> FOANPAS<\/strong>, <strong>Vellez Digna<\/strong>,<strong> Plataforma SAF Galiza<\/strong>, <strong>Sindicato de Estudantes, Os Ningu\u00e9ns<\/strong>, <strong>Verdeval<\/strong>, <strong>colectivos da Renda B\u00e1sica<\/strong> e distintas formaci\u00f3ns pol\u00edticas- presentaron na ma\u00f1\u00e1 de hoxe en rolda de prensa no local nacional do SLG en Compostela a mobilizaci\u00f3n descentralizada na defensa dunha vida digna, a recuperaci\u00f3n e fortalecemento dos servizos p\u00fablicos e a esixencia de medidas pol\u00edticas que garantan o Estado de Benestar que ter\u00e1 lugar en todo o Estado espa\u00f1ol vindeiro s\u00e1bado 19 de novembro, convocada na capital galega con sa\u00edda dende a Alameda compostel\u00e1 \u00e1s 12h.<\/p>\n<p><strong>Francisco L. V\u00e1zquez Vizoso<\/strong>, de <strong>MODEPEN Galicia<\/strong>, explicou que esta convocatoria xurde a iniciativa da <strong>Coordinaci\u00f3n Estatal de Pensionistas<\/strong>, tomando como impulso o \u00e9xito da manifestaci\u00f3n celebrada en Madrid o pasado 15 de Outubro, na que m\u00e1is de 50.000 persoas demandaron a posta en marcha de medidas pol\u00edticas que garantan a recuperaci\u00f3n do poder adquisitivo e salarios dignos para as clases traballadoras.<\/p>\n<p>Vizoso valorou que estamos entrando nunha vaga de mobilizaci\u00f3ns na que \u00e9 fundamental a unidade das loitas dos traballadores e traballadoras fronte a intenci\u00f3n das forzas pol\u00edticas de non equilibrar os salarios e pensi\u00f3ns co IPC, atacando frontalmente as nosas econom\u00edas, empobrec\u00e9ndonos recurtando a nosa capacidade adquisitiva. Dende <strong>MODEPEN Galicia<\/strong> animan a \u201cir dinamizando a creaci\u00f3n dunha forza social para acadar que os gobernos acepten as reivindicaci\u00f3ns dos distintos sectores sociais\u201d, e nesta li\u00f1a avanzou que a mobilizaci\u00f3n do vindeiro s\u00e1bado ser\u00e1 sucedida pola convocatoria na defensa da sanidade p\u00fablica realizada por SOS Sanidade P\u00fablica o 30 deste mes nun importante n\u00famero de localidades galegas.<\/p>\n<p>Nesta mesma li\u00f1a, <strong>Paco Castro Alvaredo<\/strong>, da <strong>Plataforma Pensionistas Compostela<\/strong>, reiterou a importancia de que, canda os espazos reivindicativos que est\u00e1 abarcando cada sector,\u00a0 haxa tam\u00e9n un espazo de confluencia de todos estes procesos sectoriais, un\u00edndonos en convocatorias como a mobilizaci\u00f3n deste s\u00e1bado 19 polo Estado de Benestar e os servizos p\u00fablicos.<\/p>\n<p>A <strong>Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego<\/strong>, <strong>Isabel Vilalba Seivane<\/strong>, abondou nos motivos desta convocatoria explicando que\u00a0 as pensi\u00f3ns das persoas do rural que normalmente traballaron na agricultura toda a s\u00faa vida son das m\u00e1is baixas do Estado, e as sucesivas reformas non fixeron m\u00e1is que incrementar esta precariedade e esta perda de capacidade adquisitiva. No tocante aos servizos b\u00e1sicos, denunciou,\u00a0 ca excusa de que no rural hai cada vez menos poboaci\u00f3n estanse suprimindo constantemente servizos sanitarios, educativos, de transporte, afectando estes recortes a moitas familias, e especialmente \u00e1s mulleres, que \u00e9 sobre quen recae en maior medida as responsabilidades vinculadas aos coidados das persoas do seu entorno\u201d.<\/p>\n<p><strong>Vilalba<\/strong> tam\u00e9n quixo mencionar de xeito expl\u00edcito a loita das traballadoras do <strong>Servizo de Atenci\u00f3n ao Fogar<\/strong>, en folga dende o pasado 2 de novembro convocada pola <strong>Confederaci\u00f3n Intersindical Galega (CIG)<\/strong> e secundada pola <strong>Plataforma SAF Galiza<\/strong>, apuntando que a mobilizaci\u00f3n do 19 procurar\u00e1 tam\u00e9n reforzar a presi\u00f3n social para que se proceda \u00e1 negociaci\u00f3n dun convenio laboral que po\u00f1a fin \u00e1 vergo\u00f1enta precariedade na que desenvolven un traballo tan sens\u00edbel como \u00e9 garantir a dignidade das persoas dependentes.\u00a0 Estas traballadoras est\u00e1n vendo como non lles des dan condici\u00f3ns de traballo dignas, est\u00e1n con xornadas parciais, con salarios moi baixos, non hai mesmo protocolos de prevenci\u00f3n de riscos laborais porque traballan en domicilios particulares, v\u00e9ndose sometidas moitas veces a condici\u00f3ns mesmo extremas. Incomprensiblemente plant\u00e9xaselles unha subida do 1%, unhas condici\u00f3ns que non te\u00f1en nada que ver nin co IPC ni ca inflaci\u00f3n que estamos sufrindo actualmente\u201d.<\/p>\n<p>A <strong>Secretaria Xeral do SLG<\/strong> salientou tam\u00e9n que o deterioro da atenci\u00f3n primaria e da sanidade \u201c\u00e9 un feito que nos est\u00e1 preocupando dun xeito moi importante ao conxunto da poboaci\u00f3n, afortunadamente est\u00e1 sendo contestado cunha gran reacci\u00f3n social que esperemos que na Galiza tam\u00e9n serva para acabar con estas pol\u00edticas neoliberais que nos quitan dereitos e nos privatizan a vida. Dende o SLG todo o noso apoio, \u00e9 unha reivindicaci\u00f3n da que nos sentimos part\u00edcipes todas e todos, esteamos no rural ou esteamos no urbano\u201d.<\/p>\n<p><strong>Iria Beiroa Otero (CUT Galicia)<\/strong>, trasladou o apoio da C<strong>entral Unitaria de Traballadoras<\/strong> porque como sindicato de clase defendemos os servizos p\u00fablicos, queremos que as pensi\u00f3ns contributivas e non contributivas -moitas deas percibidas por mulleres- sexan un ben p\u00fablico, opo\u00f1\u00e9monos \u00e1 s\u00faa privatizaci\u00f3n e esiximos que tanto estas como os salarios suban co IPC, para que ningu\u00e9n quede atr\u00e1s.<\/p>\n<p><strong>Miguel \u00c1ngel Cu\u00f1a (CGT Galicia)<\/strong>, corroborou o compromiso da Confederaci\u00f3n Xeral do Traball na defensa dos servizos p\u00fablicos, contra a destruci\u00f3n do poder adquisitivo da maior\u00eda da poboaci\u00f3n e a oposici\u00f3n \u00e1 rebaixas nos salarios e pensi\u00f3ns. Avogou ademais porque todos os servizos p\u00fablicos \u201csexan sometidos ao control social e da clase traballadora\u201d e trasladou o apoio da da<strong> CGT Galicia<\/strong> \u00e1s vindeiras mobilizaci\u00f3ns que ter\u00e1n lugar logo deste s\u00e1bado 19.As organizaci\u00f3ns convocantes apelan \u00e1 unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protecci\u00f3n social.<\/p>\n<p>Canda a defensa das pensi\u00f3ns p\u00fablicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilizaci\u00f3n procurar\u00e1 fortalecer o apoio \u00e1s demandas do SAF.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/NdP161122_19N_ManifestacionServizosPublicosPensions.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Documento do Comunicado de Prensa<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/Manifesto-19-de-novembro_publicado.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Documento do Manifiesto da Manifestaci\u00f3n do 19 de Novembro.<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/praza.gal\/opinion\/na-defensa-da-vida-digna-dos-servizos-publicos-e-do-estado-do-benestar-contra-o-neoliberalismo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Texto publicado o xoves 24 de novembro 2022, en \u201cPraza P\u00fablica\u201d.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Representantes do Movemento Galego en Defensa das Pensi\u00f3ns e os Servizos P\u00fablicos (MODEPEN Galicia), a Plataforma Pensionistas Compostela, a Central[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2476,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[28,33],"tags":[],"class_list":["post-2474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-movilizacions","category-novas-destacadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2474","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2474"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2474\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2481,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2474\/revisions\/2481"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2476"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}