{"id":2717,"date":"2023-06-20T18:32:56","date_gmt":"2023-06-20T16:32:56","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=2717"},"modified":"2023-06-21T12:47:19","modified_gmt":"2023-06-21T10:47:19","slug":"v-asemblea-de-modepen-o-porrino-3-de-xuno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2023\/06\/20\/v-asemblea-de-modepen-o-porrino-3-de-xuno\/","title":{"rendered":"V ASEMBLEA DE MODEPEN- O PORRI\u00d1O, 3 DE XU\u00d1O"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\">O Movemento pola Defensa das Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos celebrou o pasado 3 de xu\u00f1o de 2023 a s\u00faa V asemblea no Centro Cultural Municipal do Porri\u00f1o.<\/p>\n<p align=\"justify\">Constitu\u00edda a mesa para presidir a asemblea procedeuse, segundo a orde do d\u00eda, a debater as emendas ao documento \u201cAs ideas que nos unen\u201d, que v\u00e9n ser o documento base do noso movemento, partindo do xa aprobado na anterior asemblea do 29-01-2022.<\/p>\n<p align=\"justify\">(No <b>ANEXO <\/b>ao final deste documento hai un enlace ao texto previo aprobado na asemblea de 2022 e \u00e1 redacci\u00f3n actual despois da asemblea de 2023)<\/p>\n<p align=\"justify\">Este documento comprend\u00eda, na redacci\u00f3n de 29-01-2022, os seguintes apartados:<\/p>\n<p align=\"justify\">I. Unha <b>introduci\u00f3n<\/b>, na que se fac\u00eda unha an\u00e1lise da evoluci\u00f3n do movemento pensionista desde a nosa fundaci\u00f3n e que, coas emendas introducidas nesta asemblea, chega ata a data actual.<\/p>\n<p align=\"justify\">II. Os <b>principios<\/b> polos que se rexe Modepen.<\/p>\n<p align=\"justify\">III. Unha <b>T\u00e1boa reivindicativa<\/b>, cos seguintes bloques: A) Bloque Legal. B) Bloque Econ\u00f3mico. C) Bloque Social. D) Bloque de Servizos Sociais. E) Bloque Auton\u00f3mico.<\/p>\n<p align=\"justify\">IV. Acabar coa <b>Fenda de X\u00e9nero<\/b>.<\/p>\n<p align=\"justify\">A este documento, unha vez actualizado pola Comisi\u00f3n redactora nomeada para preparar esta asemblea, present\u00e1ronse 6 emendas (que se poden ver, na redacci\u00f3n previa ao debate, no <b>ANEXO<\/b><b> <\/b>ao final deste texto) e que relacionamos sucintamente a seguir:<\/p>\n<p align=\"justify\"><b>a) A primeira <\/b><b>emenda<\/b> analiza os feitos m\u00e1is relevantes ocorridos desde a \u00faltima asemblea (a 4\u00aa fase do noso movemento) mencionando o fin da reforma coa<i> aprobaci\u00f3n en marzo de 2023 do RDL 2\/2023 que completa o conxunto de leis sobre a reforma das pensi\u00f3ns, <\/i>(que)<i> pon de relevo unha serie de aspectos, tanto positivos coma negativos, que deber\u00e1n marcar a nosa axenda a curto e medio prazo<\/i>. e define onde deber\u00edan incidir principalmente as nosas acci\u00f3ns futuras, en concreto:<\/p>\n<ul>\n<li>&#8211; Conseguir que non haxa ningunha pensi\u00f3n por baixo do salario m\u00ednimo.<\/li>\n<li>&#8211; Que se leve a cabo a auditor\u00eda das contas da SS aprobada no Parlamento.<\/li>\n<li>&#8211; Que se eliminen as condici\u00f3ns que gravan as carreiras laborais de 40 e m\u00e1is anos.<\/li>\n<li>&#8211; Que se remate coa fenda de x\u00e9nero nas pensi\u00f3ns e nos salarios.<\/li>\n<li>&#8211; Que se derroguen os recortes recollidos nas leis dos gobernos de Zapatero e Rajoy.<\/li>\n<li>&#8211; Impedir calquera xeito de privatizaci\u00f3n das pensi\u00f3ns.<\/li>\n<li>&#8211; Estreitar lazos cos movementos sociais e de pensionistas internacionais para dotarnos de maior forza nas reivindicaci\u00f3ns que nos son com\u00fans.<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"justify\"><b>b) <\/b><b>A segunda <\/b><b>emenda<\/b> \u00e9 un total de 16 proposta de cambios de redacci\u00f3n, algunhas de maior e outras de menor calado. Especial relevancia te\u00f1en as seguintes:<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 3<\/strong>, para aclarar, na Introduci\u00f3n, no primeiro par\u00e1grafo da 2\u00aa fase, a evoluci\u00f3n do IPC e a suba das pensi\u00f3ns nos \u00faltimos anos ata o actual 2023.<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 4<\/strong>, tam\u00e9n na Introduci\u00f3n, 2\u00aa fase, no segundo par\u00e1grafo para matizar a actuaci\u00f3n das diferentes forzas pol\u00edticas, coa redacci\u00f3n:<i> \u201cO Goberno aceptou subir as <\/i><i>pensi\u00f3ns segundo o IPC medio acumulado. As forzas pol\u00edticas \u00e1 s\u00faa esquerda asumen, con distinta intensidade, as propostas do MSDPP. S\u00f3 os partidos da oposici\u00f3n , PP, Vox, CS, reclama a pr\u00e1ctica conxelaci\u00f3n do poder adquisitivo das pensi\u00f3ns\u201d.<\/i><\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 5<\/strong>, tam\u00e9n na Introduci\u00f3n, na 3\u00aa fase, ao falar das \u201cbatallas decisivas\u201d, n\u00famero 2 ao falar do mecanismo de \u201cequidade inter-xeracional\u201d, ao final do punto, cambiar <i>\u201cConsideramos necesario o aumento do gasto en pensi\u00f3ns como porcentaxe do PIB\u201d <\/i>por<i> \u201cDesde 2008 at\u00e9 2022 a partida en pensi\u00f3ns como porcentaxe do PIB aumentou un 50%, pasando do 8,5% ao 12,8% do PIB. Nas pr\u00f3ximas d\u00e9cadas aumentar\u00e1 a porcentaxe de persoas maiores de 65 anos sobre a poboaci\u00f3n total. A CE preme para conxelar a partida en pensi\u00f3ns. O MSDPP debe traballar para aumentar a porcentaxe de PIB dedicada ao pagamento das pensi\u00f3ns\u201d.<\/i><\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 10<\/strong>, na T\u00e1boa reivindicativa, Bloque legal, punto 2. modificar para que quede redactado do seguinte xeito:<i> \u201c2. <\/i>Restablecer a xubilaci\u00f3n ordinaria aos 65 anos. O parlamento do Estado constituir\u00e1 unha comisi\u00f3n para estudar o adianto da xubilaci\u00f3n antes dos 65 anos tendo en conta a taxa de paro total, a taxa de paro xuvenil, a taxa de actividade feminina e a necesidade de reducir o nivel de produci\u00f3n e consumo de acordo coas esixencias da transici\u00f3n ecol\u00f3xica. Tendo en conta os mesmos criterios, reavaliaranse os coeficientes redutores profesionais\u201d<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 11<\/strong>, mesma T\u00e1boa reivindicativa, Bloque legal, cambiar o punto 4. polo seguinte: <i>4. A derogaci\u00f3n da Lei de regulaci\u00f3n para o impulso dos plans de pensi\u00f3ns de emprego, de 30 de xu\u00f1o de 2022 e a creaci\u00f3n dun fondo de pensi\u00f3ns de promoci\u00f3n, dep\u00f3sito e xesti\u00f3n p\u00fablica para investir na transici\u00f3n enerx\u00e9tica e financiar a constituci\u00f3n dunha Empresa P\u00fablica Galega da Enerx\u00eda. <\/i><\/p>\n<p align=\"justify\">Este punto foi obxecto de forte debate, vot\u00e1ndose entre 4 alternativas. A redacci\u00f3n final foi aprobada por maior\u00eda de votos respecto \u00e1 totalidade das outras tres.<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>-N\u00famero 13<\/strong>, mesma T\u00e1boa reivindicativa, Bloque legal, punto 11. que queda do seguinte xeito: \u201c11.Reforma fiscal radical para constru\u00edr un sistema progresivo que <i>garanta ingresos suficientes para financiar sistemas 100% p\u00fablicos de sanidade, educaci\u00f3n, dependencia e pensi\u00f3ns, e para erradicar totalmente a pobreza, as\u00ed como para a crecente necesidade de intervenci\u00f3n p\u00fablica na econom\u00eda.\u201d<\/i><\/p>\n<p align=\"justify\">c) <b>A terceira <\/b><b>emenda<\/b> pretende estabelecer principios b\u00e1sicos sobre as pensi\u00f3ns non contributivas, entendendo por tais aquelas que perciben as persoas pensionistas que non te\u00f1en dereito \u00e1 pensi\u00f3n contributiva. Consiste en inclu\u00edr un novo punto 3 na T\u00e1boa reivindicativa, Bloque social, cambiando, en consecuencia, a numeraci\u00f3n dos puntos seguintes. O novo punto di:<\/p>\n<p align=\"justify\">3. As pensi\u00f3ns non contributivas pagaranse con cargo aos Orzamentos xerais do estado nunha cont\u00eda que ha de ser Suficiente para poder vivir con dignidade segundo os criterios homologados da Carta social europea. A pensi\u00f3n non contributiva \u00e9 un dereito individual e, por tanto, nacer\u00e1 cando a persoa, independentemente da s\u00faa situaci\u00f3n familiar ou de convivencia, acade a idade legalmente estabelecida e non cobre ningunha pensi\u00f3n de car\u00e1cter contributivo, ou se confirme a situaci\u00f3n de discapacidade que xere o dereito a cobrala.<\/p>\n<p align=\"justify\">As raz\u00f3ns de por que esta redacci\u00f3n est\u00e1n explicadas na propia proposta.<\/p>\n<p align=\"justify\">d) <b>A cuarta<\/b><b> <\/b><b>emenda<\/b> engadindo a necesidade dunha estratexia com\u00fan dos movementos sociais na Introduci\u00f3n, apartado de Principios xerais, no Principio 3, engadir<i> Todo, como resposta un contexto hist\u00f3rico que reclama como nunca de movementos sociais fortemente afianzados nunha estratexia com\u00fan impulsora de profundos cambios sociais.<\/i><\/p>\n<p align=\"justify\">A redacci\u00f3n final do principio ser\u00e1<i>: <\/i><i><b>Principio 3<\/b><\/i><i>. Para conseguir os seus obxectivos MODEPEN constit\u00faese como organizaci\u00f3n soberana galega e participa no MSDPP. Fronte a un horizonte socioecon\u00f3mico de considerable incertidume para o mundo do traballo, MODEPEN reaf\u00edrmase na s\u00faa condici\u00f3n de movemento social permanente, para contribu\u00edr ao desenvolvemento da conciencia cr\u00edtica da sociedade e dar sentido organizativo \u00e1 mobilizaci\u00f3n social. Todo, como resposta un contexto hist\u00f3rico que reclama como nunca de movementos sociais fortemente afianzados nunha estratexia com\u00fan impulsora de profundos cambios sociais <\/i><\/p>\n<p align=\"justify\">e) <b>A quinta <\/b><b>emenda<\/b> consta de dous apartados:<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; O primeiro corresponde coa Introduci\u00f3n, Fase 4, Sexto par\u00e1grafo, ao falar do sucedido neste \u00faltimo per\u00edodo, propondo inclu\u00edr unha previsi\u00f3n concreta, achegada neste ano polo propio Ministro da Seguridade Social, aos \u201cgastos impropios\u201d (140.000. mill\u00f3ns de euros). O par\u00e1grafo finalmente queda redactado do seguinte xeito:<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; D\u00f3tase de ingresos fixos ao Fondo de Reserva da SS (a \u201chucha\u201d das pensi\u00f3ns) e se desbota usalos para outros fins que non sexan o pago das pensi\u00f3ns contributivas (gastos impropios). O goberno a traverso do Ministro da Seguridade Social admitiu unha d\u00e9beda de mais de 140.000 mill\u00f3ns de euros nestes gastos.<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; O segundo prop\u00f3n inclu\u00edr un novo punto 8 na T\u00e1boa Reivindicativa. Bloque social, coa seguinte redacci\u00f3n final:<\/p>\n<p align=\"justify\">8. Exiximos ao goberno que garanta que as Administraci\u00f3ns P\u00fablicas ofrezan atenci\u00f3n presencial e personalizada para todas as persoas, as\u00ed como dixital para quen as\u00ed o prefira, evitando as\u00ed as nefastas consecuencias para todas as persoas mais desfavorecidas: maiores, migrantes, xente no paro, etc, pola s\u00faa dificultade para usaren os medios dixitais e ter que depender de familiares ou amizades no mellor caso, incluso gravar cos gastos innecesarios de xesti\u00f3n cando non hai unha posibilidade de axuda.<\/p>\n<p align=\"justify\">f) <b>A sexta emenda<\/b> comprende \u00e1 s\u00faa vez catro apartados:<\/p>\n<p align=\"justify\">-O primeiro para suprimir o Principio 4 (pacifismo) e trasladalo a un anexo que ir\u00eda ao final do documento denominado \u201cCuesti\u00f3ns novas que nos preocupan e interesan\u201d xunto con outros puntos (Ver o cuarto apartado neste grupo)<\/p>\n<p align=\"justify\">-O segundo e terceiro unific\u00e1ronse tras o debate nun novo Principio 4 co seguinte texto:<\/p>\n<p align=\"justify\">Principio 4. MODEPEN \u00e9 unha asociaci\u00f3n en defensa das pensi\u00f3ns p\u00fablicas. Agora non estamos loitando s\u00f3 para n\u00f3s, para conseguirmos o noso convenio colectivo sectorial, sen\u00f3n que pretendemos interesar tam\u00e9n \u00e1 poboaci\u00f3n nova. Loitamos para que te\u00f1an prestaci\u00f3ns sociais, afianzando e mellorando un sistema p\u00fablico sostible de pensi\u00f3ns de reparto, para que como en Francia se preocupen e se mobilicen pola s\u00faa defensa. Debemos facer un traballo de concienciaci\u00f3n, de pedagox\u00eda, sobre dito sistema, para que co\u00f1ezan o seu valor individual e social, a solidariedade interxeracional que sup\u00f3n e que adopten estas reivindicaci\u00f3ns como s\u00faas e para defenderen o seu futuro. MODEPEN considera imprescindible ofrecer formaci\u00f3n acerca da Seguridade Social e o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns.<\/p>\n<p align=\"justify\">-O cuarto consiste en crear un anexo que, tras o debate en asemblea, queda redactado co seguinte texto:<\/p>\n<p align=\"justify\">ANEXO<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>OUTRAS CUESTI\u00d3NS QUE NOS PREOCUPAN E INTERESAN<\/strong><\/p>\n<p align=\"justify\">A\u00ednda que sexamos pensionistas non deixamos de ser cidad\u00e1s e cidad\u00e1ns deste pa\u00eds e deste tempo polo que temos que abrirnos a outras perspectivas e problemas.<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>A.- PACIFISMO<\/strong><\/p>\n<p align=\"justify\">Declaramos que non existen \u201cguerras xustas\u201d e que toda guerra \u00e9 unha derrota da humanidade; que o pacifismo e o antimilitarismo son a \u00fanica v\u00eda de pensamento e acci\u00f3n moralmente aceptable.<\/p>\n<p align=\"justify\">Porque no tema da paz non podemos ser equidistantes e non queremos ser c\u00f3mplices co noso silencio do espallamento da industria da morte, reiteramos a nosa aposta decidida polos principios do humanismo pacifista, rexeitamos a guerra como v\u00eda de soluci\u00f3n dos conflitos, defendemos o valor da diplomacia entre os pobos e, coherentemente, rexeitamos o incremento dos orzamentos en gastos militares, que deberan ser destinados a asuntos sociais.<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>B.- FEMINISMO<\/strong><\/p>\n<p align=\"justify\">As mulleres somos a metade da humanidade. O feminismo \u00e9 unha esixencia democr\u00e1tica de igualdade entre os sexos. O patriarcado secular no que nacemos e que nos educou, a v\u00f3s e a n\u00f3s, fai que pareza natural que as mulleres te\u00f1amos que soportar a subsidiaridade, a inferioridade ( o segundo sexo) e a desigualdade na nosa vida, tanto no \u00e1mbito familiar coma na presenza en instancias p\u00fablicas e laborais. Hai outras olladas, outros exemplos, paga a pena \u00edrmonos interesando na aparici\u00f3n de novas masculinidades non t\u00f3xicas como novos referentes de homes, sobre todo no \u00e1mbito educativo.<\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>C.- CUESTI\u00d3NS ECOL\u00d3XICAS<\/strong><\/p>\n<p align=\"justify\">O futuro sostible do planeta estase esgotando pola avaricia insensata do capitalismo. Ademais, a industria da publicidade, a influencia constante dos medios de comunicaci\u00f3n, e a omnipresencia de internet transf\u00f3rmanos de cidad\u00e1s e cidad\u00e1ns en consumid@rs compulsiv@s.<\/p>\n<p align=\"justify\">Temos o reto de constru\u00edr un sistema enerx\u00e9tico alternativo en beneficio das necesidades colectivas e das comunidades rurais e urbanas, engadindo ao c\u00e1lculo mercantil a valoraci\u00f3n do dano que poida provocar na flora, na fauna, na paisaxe e na poboaci\u00f3n. O dano ambiental intensif\u00edcase, a eazando o futuro ecol\u00f3xico da hmanidade. Non negamos que haber\u00e1 que encarar sacrificios, porque os cambios os provocan, pero deber\u00e1n reducirse ao m\u00e1ximo e compensalos axeitadamente.<\/p>\n<p align=\"justify\">En calquera caso, debemos optar por un decrecemento produtivo mediante certa austeridade individual e colectiva que nos leve a rebaixar o consumo, sen admitir a postura ego\u00edsta de \u201c eu pago e podo permitirmo\u201d, xa que o consumo excesivo dos privilexiados \u00e9 un expolio para a cidadan\u00eda.<\/p>\n<p align=\"justify\">Terminado o estudo das emendas continuouse, xa pola tarde e despois do xantar, co estudo da orde do d\u00eda, decidindo a asemblea que non era necesario realizar ningunha modificaci\u00f3n aos estatutos e tampouco modificar os membros da Xunta Directiva, co que se deu por rematada a asemblea extraordinaria<\/p>\n<p align=\"justify\">A continuaci\u00f3n celebrouse unha asemblea ordinaria, na que se deu conta da xesti\u00f3n e memoria de actividades do ano anterior as\u00ed como do balance anual de ingresos e gastos.<\/p>\n<p align=\"justify\">A continuaci\u00f3n e por Antonio Pasar\u00edn presentouse o \u201cInforme de MODEPEN nas Redes Sociais\u201d e unha proposta para a creaci\u00f3n do Grupo de Publicaci\u00f3ns, proposta que resultou aprobada.<\/p>\n<p align=\"justify\">A asemblea transcorreu nun agrad\u00e1bel ambiente de camarader\u00eda. Ao final vos deixamos unha pequena reportaxe fotogr\u00e1fica.<\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size: large;\"><b>A<\/b><\/span><span style=\"font-size: large;\"><b>NEXO<\/b><\/span><\/p>\n<ul>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/Documento-Marco-aprobado-29-01-2022.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a \u201dAs ideas que nos unen 2022\u201d<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/AS-IDEAS-QUE-NOS-UNEN-Final-revisado.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a \u201dAs ideas que nos unen 2023\u201d<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-II-Enmenda-1-Comision-Redactora.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba 1<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-III-Enmenda-2-Xabier-Perez-Davila.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba 2<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-IV-Enmenda-3-Afonso-Bieito.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba 3<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-V-Enmenda-4-Guillermo-Fontan.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba 4<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-VI-Enmenda-5-Xose-Mario-Rodriguez.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba 5<\/a><\/li>\n<li style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/Anexo-VII-Enmenda-6-Grupo-Mulleres.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ligaz\u00f3n a Emenda n\u00ba6<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: left;\" align=\"center\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2722 size-full aligncenter\" src=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-01.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"450\" srcset=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-01.jpg 600w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-01-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-01-150x113.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2723 size-full aligncenter\" src=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-02.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"450\" srcset=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-02.jpg 600w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-02-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-02-150x113.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2724 size-full aligncenter\" src=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-03.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"450\" srcset=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-03.jpg 600w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-03-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-03-150x113.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2725 size-full aligncenter\" src=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-04.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"450\" srcset=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-04.jpg 600w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-04-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/V-Asemblea-04-150x113.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\" align=\"center\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Movemento pola Defensa das Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos celebrou o pasado 3 de xu\u00f1o de 2023 a s\u00faa[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2731,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-2717","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-destacadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2717","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2717"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2717\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2730,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2717\/revisions\/2730"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2731"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2717"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2717"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2717"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}