{"id":2847,"date":"2023-10-24T11:08:58","date_gmt":"2023-10-24T09:08:58","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=2847"},"modified":"2023-10-24T11:08:58","modified_gmt":"2023-10-24T09:08:58","slug":"o-28-de-outubro-o-movemento-pensionista-vai-a-madrid","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2023\/10\/24\/o-28-de-outubro-o-movemento-pensionista-vai-a-madrid\/","title":{"rendered":"O 28 de outubro o Movemento Pensionista vai a Madrid."},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\">Xa parece unha tradici\u00f3n do Movemento Pensionista iniciar o \u201ccurso pol\u00edtico\u201d en Madrid, manifest\u00e1ndose. Este ano a Unidade Acci\u00f3n Pensionista (da que forma parte o Movemento pola Defensa das Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos -Modepen) tam\u00e9n convoca. Para o 28 de outubro.<\/p>\n<p align=\"justify\">Porque o noso voto conseguiu un obxectivo claro, que mesmo por veces parec\u00eda dif\u00edcil, evitar o trunfo da dereita extrema do PP aliada coa extrema dereita de VOX. Deste xeito \u00e9 pos\u00edbel a formaci\u00f3n dun goberno m\u00e1is democr\u00e1tico que o que se nos vi\u00f1a enriba.<\/p>\n<p align=\"justify\">Pero iso non quere dicir que todo estea feito, porque as nosas reivindicaci\u00f3ns seguen a\u00ed. Porque segue en p\u00e9 a estratexia, que tan ben co\u00f1ecemos, de privatizar todo o que se poida, goberne quen goberne, xa sexa a Sanidade, a Educaci\u00f3n, a xa case inexistente Vivenda social&#8230; A estratexia de converter os nosos dereitos nos seus beneficios en nome dun sacrosanto \u201clibre mercado\u201d non \u00e9 patrimonio exclusivo da dereita. E nesa estratexia incl\u00faese tam\u00e9n o noso sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns, un substancial bocado, m\u00e1is de 12.000 mill\u00f3ns de euros s\u00f3 na n\u00f3mina de setembro e o 11,7% do PIB (<a class=\"sdendnoteanc\" href=\"#sdendnote1sym\" name=\"sdendnote1anc\"><sup>1<\/sup><\/a>) que queren converter, de p\u00fablico e xestionado polo Estado a privado, un capital xestionado pola Banca.<\/p>\n<p align=\"justify\">Creo que este obxectivo estrat\u00e9xico explica o que est\u00e1 a suceder coas nosas pensi\u00f3ns e, por tanto, a raz\u00f3n da ser das nosas reivindicaci\u00f3ns, porque o que est\u00e1n a facer \u00e9 o mesmo gui\u00f3n que no resto das lambiscadas p\u00fablicas que ans\u00edan privatizar. Vexamos:<\/p>\n<p align=\"justify\">1) <b>Deteriorar o servizo p\u00fablico<\/b> a trav\u00e9s dunha estratexia a medio-longo prazo que est\u00e1, como sabemos, en pleno funcionamento. V\u00e9molo na sanidade, na educaci\u00f3n ou na vivenda, neste caso xa moito m\u00e1is avanzado, sen novas construci\u00f3ns nin adquisici\u00f3ns p\u00fablicas de vivenda para cumprir o esquecido mandato constitucional que entende a vivenda como un dereito<\/p>\n<p align=\"justify\">Un deterioro que no caso das pensi\u00f3ns v\u00edmolo moi claramente cando F\u00e1tima B\u00e1\u00f1ez (a ministra de Rajoy) intentou fixar o escandaloso 0,25% como tope das subas anuais, pero que se mant\u00e9n agora, coa perda real do poder adquisitivo que, a pesar do que nos queren vender, medra por baixo do IPC. Aumentando a idade de xubilaci\u00f3n. Ou endurecendo os requisitos para accede \u00e1 pensi\u00f3n. Ou empeorando a taxa de substituci\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"justify\">2) <b>O<\/b><b> <\/b><b>R<\/b><b>elato<\/b>. Ese relato que \u201cexplica\u201d que, por exemplo e seguindo coa vivenda, o problema sexan os \u201cOkupas\u201d que atacan o dereito dos propietarios das \u201cvivendas\u201d, a\u00ednda que ese fen\u00f3meno realmente sexa practicamente inexistente, mentres se agocha sistematicamente o dereito das persoas vulner\u00e1beis a unha vivenda digna. Un relato que se mant\u00e9n a\u00ednda en situaci\u00f3ns tan tr\u00e1xicas e evidentes como a que se deduce na traxedia recente da vivenda de Alfonso X en Vigo (aqu\u00ed podemos ver un exemplo de \u201crelatos\u201d diferentes do que estou a falar: 1) O relato dos okupas (<a class=\"sdendnoteanc\" href=\"#sdendnote2sym\" name=\"sdendnote2anc\"><sup>2<\/sup><\/a>) e a realidade da falta de dereito \u00e1 vivenda (<a class=\"sdendnoteanc\" href=\"#sdendnote3sym\" name=\"sdendnote3anc\"><sup>3<\/sup><\/a>).<\/p>\n<p align=\"justify\">Un relato que, no caso das pensi\u00f3ns, son eses mantras repetidos insistentemente de que \u201chai un problema demogr\u00e1fico\u201d, esquec\u00e9ndose de que, cos avances tecnol\u00f3xicos, hoxe un traballador produce moito m\u00e1is que antes. Ou que \u201cos gastos aumentan\u201d, esquec\u00e9ndose de que tam\u00e9n poden aumentar os ingresos. Ou que a Caixa da Seguridade Social ten un d\u00e9ficit brutal, de arredor de 100.000 mill\u00f3ns de euros, que se di pronto. Un relato, este \u00faltimo, facilitado pola non realizaci\u00f3n da obrigatoria ( por Lei 21\/2021) auditor\u00eda da mesma, unha auditor\u00eda que, segundo os c\u00e1lculos do Tribunal de Contas demostrar\u00eda un super\u00e1vit de m\u00e1is de 103.000 mill\u00f3ns de euros, que deixar\u00eda un lixeiro super\u00e1vit real ou en m\u00e1is de 140.000 mill\u00f3ns, como apuntou o propio ministro Escriv\u00e1 (<a class=\"sdendnoteanc\" href=\"#sdendnote4sym\" name=\"sdendnote4anc\"><sup>4<\/sup><\/a>). Unha auditor\u00eda que, ao non se facer, permite a pervivencia do necesario \u201crelato\u201d do d\u00e9ficit da seguridade social.<\/p>\n<p align=\"justify\">3) A existencia de <b>alternativas privadas<\/b> a estes servizos p\u00fablicos, \u201cdemostradamente ineficaces, ineficiente e inefectivos\u201d. Unhas alternativas que no caso das pensi\u00f3ns a penas exist\u00edan, con unicamente os desprestixiados Plans de pensi\u00f3ns individuais, situaci\u00f3n corrixida pola reforma Escriv\u00e1 que introduciu os plans privados de capitalizaci\u00f3n colectiva. <b>Xa temos <\/b><b>as<\/b><b> tres patas <\/b><b>do chamado Modelo Holand\u00e9s<\/b> coas que avanzar cara \u00e1 privatizaci\u00f3n: A Pata p\u00fablica de reparto, a deteriorar, a Pata deses plans privados de capitalizaci\u00f3n colectiva, apoiados e financiados en parte polo estado a cargo das nosas pensi\u00f3ns, v\u00eda desgravaci\u00f3ns fiscais e reduci\u00f3n de cotas e a terceira Pata, para os que te\u00f1an m\u00e1is poder econ\u00f3mico, os fondos individuais, tam\u00e9n beneficiada por desgravaci\u00f3ns a costa dos cartos de todos n\u00f3s.<\/p>\n<p align=\"justify\">Por iso Modepen chama \u00e1 mobilizaci\u00f3n (<a class=\"sdendnoteanc\" href=\"#sdendnote5sym\" name=\"sdendnote5anc\"><sup>5<\/sup><\/a>) polos seguintes obxectivos:<\/p>\n<p align=\"justify\"><b>Contra o deterioro das pensi\u00f3ns e pola s\u00faa mellora:<\/b><\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Garant\u00eda de que ningunha persoa pensionista perciba menos do salario m\u00ednimo interprofesional (SMI), actualmente. 1.080\u20ac<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Eliminaci\u00f3n dos coeficientes redutores da xubilaci\u00f3n anticipada para as persoas que cotizaron 40 ou m\u00e1is anos.<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Derrogaci\u00f3n das reformas de 2011 e 2013 e recuperaci\u00f3n da xubilaci\u00f3n aos 65 anos.<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Aprobaci\u00f3n de novas medidas legais, a curto prazo, para rematar coa fenda de x\u00e9nero:<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Mulleres e homes: a igual traballo, igual salario, igual pensi\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Incremento da porcentaxe do haber regulador percibida como pensi\u00f3n de viuvez.<\/p>\n<p align=\"justify\"><b>Contra o \u201cfalso relato\u201d<\/b><\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Realizaci\u00f3n inmediata da auditor\u00eda das contas da Seguridade Social aprobada no Parlamento espa\u00f1ol, que deber\u00eda estar finalizada en xu\u00f1o de 2022.<\/p>\n<p align=\"justify\"><b>Contra as alternativas privatizadoras:<\/b><\/p>\n<p align=\"justify\">&#8211; Derrogaci\u00f3n da Lei de promoci\u00f3n e impulso dos plans de pensi\u00f3ns de emprego para impedir o desv\u00edo de cotizaci\u00f3ns socias da Seguridade Social aos bancos, fondos de investimento e compa\u00f1\u00edas de seguros.<\/p>\n<p align=\"justify\"><a href=\"https:\/\/praza.gal\/opinion\/o-28-de-outubro-o-movemento-pensionista-vai-a-madrid\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><span style=\"color: #000080;\">Documento publicado en Praza.gal: O 28 de outubro o Movemento Pensionista vai a Madrid.<\/span><\/a><\/p>\n<div id=\"sdendnote1\">\n<p align=\"justify\"><a class=\"sdendnotesym\" href=\"#sdendnote1anc\" name=\"sdendnote1sym\"><span style=\"color: #000080;\">1)<\/span><\/a><span style=\"color: #000080;\"> <a style=\"color: #000080;\" href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/serviciosdeprensa\/notasprensa\/inclusion\/Paginas\/2023\/260923-gasto-pensiones-contributivas.aspx\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">La Moncloa: El gasto en pensiones contributivas supone el 11,7% del PIB<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n<div id=\"sdendnote2\">\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #000080;\"><a class=\"sdendnotesym\" style=\"color: #000080;\" href=\"#sdendnote2anc\" name=\"sdendnote2sym\">2)<\/a> <a style=\"color: #000080;\" href=\"https:\/\/www.mundiario.com\/articulo\/sociedad\/muertos-vigo-ellos-menores-incendio-edificio-okupas\/20231011112759283314.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Mundodiario: Cuatro muertos en Vigo, tres de ellos menores, en un incendio en un edificio con okupas<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n<div id=\"sdendnote3\">\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #000080;\"><a class=\"sdendnotesym\" style=\"color: #000080;\" href=\"#sdendnote3anc\" name=\"sdendnote3sym\">3)<\/a> <a style=\"color: #000080;\" href=\"https:\/\/www.eldiario.es\/galicia\/muerte-piso-trampa-vigo-sara-ezequiel-aldara-rosana-expulsados-chabola-presion-urbanistica_1_10591462.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">eldiario.es: Muerte en un piso trampa de Vigo: Sara, Ezequiel, Aldara y Rosana fueron expulsados de su chabola por la presi\u00f3n urban\u00edstica<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n<div id=\"sdendnote4\">\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: #000080;\"><a class=\"sdendnotesym\" style=\"color: #000080;\" href=\"#sdendnote4anc\" name=\"sdendnote4sym\">4)<\/a> <a style=\"color: #000080;\" href=\"https:\/\/www.informacion.es\/economia\/2023\/04\/21\/escriva-cifra-140-000-millones-86309750.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Informaci\u00f3n.es: Escriv\u00e1 cifra en 140.000 millones el dinero de las pensiones que ha ido a otros gastos en los \u00faltimos 30 a\u00f1os<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n<div id=\"sdendnote5\">\n<p class=\"sdendnote\"><span style=\"color: #000080;\"><a class=\"sdendnotesym\" style=\"color: #000080;\" href=\"#sdendnote5anc\" name=\"sdendnote5sym\">5) <\/a><a style=\"color: #000080;\" href=\"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2023\/10\/02\/chamamento-a-manifestacion-do-28-outubro-en-madrid\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Modepen: Chamamento \u00e1 manifestaci\u00f3n do 28 Outubro en Madrid.<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa parece unha tradici\u00f3n do Movemento Pensionista iniciar o \u201ccurso pol\u00edtico\u201d en Madrid, manifest\u00e1ndose. Este ano a Unidade Acci\u00f3n Pensionista[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2848,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[28,33],"tags":[],"class_list":["post-2847","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-movilizacions","category-novas-destacadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2847","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2847"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2847\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2850,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2847\/revisions\/2850"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2848"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2847"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2847"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2847"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}