{"id":2920,"date":"2024-01-18T22:39:44","date_gmt":"2024-01-18T21:39:44","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=2920"},"modified":"2024-01-18T22:39:44","modified_gmt":"2024-01-18T21:39:44","slug":"deben-estar-exentas-as-pensions-de-tributar-o-irpf","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2024\/01\/18\/deben-estar-exentas-as-pensions-de-tributar-o-irpf\/","title":{"rendered":"\u00bf Deben estar exentas as pensi\u00f3ns de tributar o IRPF?"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">Periodicamente dif\u00fandese por Whatsapp un manifesto pedindo que as pensi\u00f3ns estean exclu\u00eddas do IRPF. MODEPEN e o conxunto de organizaci\u00f3ns que participan na Unidade de Acci\u00f3n Estatal non estamos de acordo con esa proposta.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\"><b>A seguir analizamos as afirmaci\u00f3ns que incl\u00fae o texto<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">1\u00aa. <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>As pensi\u00f3ns non son un rendemento do traballo<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\">. As pensi\u00f3ns contributivas son un rendemento do traballo,<\/span> <span lang=\"gl-ES\">xa que \u00e9 o feito de ter cotizado durante polo menos 15 anos o que d\u00e1 dereito \u00e1 pensi\u00f3n. As\u00ed o recolle a normativa do IRPF que incl\u00fae as pensi\u00f3ns contributivas entre os rendementos do traballo <\/span><span lang=\"gl-ES\">(Lei 35\/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas F\u00edsicas (IRPF))<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">2\u00aa. <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>As pensi\u00f3n xa tributaron polo IRPF mentres se traballaba<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\">. Isto non \u00e9 certo. O que xa tributaron foron os salarios percibidos durante a vida laboral activa<\/span> <span lang=\"gl-ES\">unha ve<\/span><span lang=\"gl-ES\">z<\/span> <span lang=\"gl-ES\">deducid<\/span><span lang=\"gl-ES\">as<\/span> <span lang=\"gl-ES\">a<\/span><span lang=\"gl-ES\">s cotizaci<\/span><span lang=\"gl-ES\">\u00f3ns \u00e1<\/span><span lang=\"gl-ES\"> seguridad<\/span><span lang=\"gl-ES\">e<\/span><span lang=\"gl-ES\"> social<\/span><span lang=\"gl-ES\">. A pensi\u00f3n \u00e9 unha prestaci\u00f3n peri\u00f3dica distinta do salario que se financia con cotizaci\u00f3ns sociais e impostos. Se unha persoa traballou 40 anos e cobra 30 anos unha pensi\u00f3n, percibiu <\/span><span lang=\"gl-ES\">un<\/span><span lang=\"gl-ES\">ha<\/span><span lang=\"gl-ES\"> renda salarial gravada polo IRPF e percibe unha renda en forma de pensi\u00f3n tam\u00e9n gravada polo IRPF. Ademais, o IRPF non \u00e9 un imposto sobre as rendas do traballo, sen\u00f3n un imposto sobre todo tipo de rendas: do traballo, inmobiliarias (de alugueres), do capital (dividendos, xuros &#8230;).<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">3\u00aa. <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>Ao estar as pensi\u00f3ns sometidas ao IRPF prod\u00facese dobre imposici\u00f3n<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\">. Non, o salario e a pensi\u00f3n son rendas distintas que se perciben en per\u00edodos diferentes: unha durante a vida laboral activa e outra no tempo da xubilaci\u00f3n. Ademais, proceden de fontes diferentes: da empresa, a primeira; e do Estado, a segunda.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">4\u00aa. <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>A pensi\u00f3n ser\u00eda o rendemento dun capital que a persoa xubilada foi acumulando ao longo da vida laboral<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\">. Rotundamente falso. A persoa ou persoas que redactaron o Whatsapp padecen de ignorancia ou practican a mentira. O sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns non \u00e9 un sistema de capitalizaci\u00f3n, as persoas traballadoras non acumulan capital ning\u00fan. Coas s\u00faas cotizaci\u00f3ns e impostos financian as pensi\u00f3ns das persoas xubiladas. As persoas traballadoras hoxe activas, cando se xubilen percibir\u00e1n a s\u00faa pensi\u00f3n das cotizaci\u00f3ns e impostos d@s ent\u00f3n activ@s. Por iso se chama sistema de repartici\u00f3n ou solidariedade entre xeraci\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">5\u00aa. <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>Aos cargos pol\u00edticos do goberno, parlamento, senado non se lles aplica a retenci\u00f3n do IRPF<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\">. Falso de toda falsidade. As retribuci\u00f3ns dos representantes pol\u00edticos est\u00e1n suxeitas ao IRPF como todas as rendas. Esta afirmaci\u00f3n repetida innumer\u00e1beis veces fai parte da campa\u00f1a anti-pol\u00edtica que s\u00f3 beneficia \u00e1 dereita e \u00e1 extrema dereita. Cando algu\u00e9n afirma \u201ctodos os pol\u00edticos son iguais\u201d, en 9 de cada 10 veces a persoa que o proclama \u00e9 votante do PP ou de Vox.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\"><b>Que hai detr\u00e1s deste texto?<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">Un ataque contra a necesidade dun sistema impositivo poderoso que obte\u00f1a recursos suficientes para financiar os servizos p\u00fablicos e a intervenci\u00f3n p\u00fablica na econom\u00eda cada vez m\u00e1is necesaria.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">\u00c9 necesario investir m\u00e1is en educaci\u00f3n e sanidade para manter uns servizos de calidade. \u00c9 necesario aumentar o investimento en servizos de axuda \u00e1 autonom\u00eda e \u00e1 dependencia. \u00c9 urxente aumentar o gasto para constru\u00edr un parque p\u00fablico de vivendas de aluguer para permitir \u00e1s persoas novas emanciparse e constru\u00edr unha vida independente, o modelo austr\u00edaco e da capital Viena debe servir de exemplo. Para afrontar as transici\u00f3ns ecol\u00f3xica e dixital son imprescind\u00edbeis maiores ingresos e un sistema fiscal m\u00e1is progresivo, no que paguen m\u00e1is os que m\u00e1is te\u00f1en e ingresan.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">A nova dereita mundial reaccionaria (Feijo\u00f3, Abascal, Ayuso, Trump, Milei &#8230;) quere acabar coas prestaci\u00f3ns e servizos p\u00fablicos para substitu\u00edlos por prestaci\u00f3ns e servizos privados dos que o capital poda obter grandes beneficios. Os republicanos estadounidenses describen o seu obxectivo como \u201cafogar o meni\u00f1o na ba\u00f1eira\u201d: 1) organizan grandes campa\u00f1as contra os impostos para conseguir o apoio popular, 2) aproban leis que lles baixan os impostos aos ricos, 3) en consecuencia, red\u00facense os ingresos do Estado, 4) aparece ou aumenta o d\u00e9ficit p\u00fablico, 5) ent\u00f3n, organizan campa\u00f1as contra o d\u00e9ficit, e, 6) como \u201cnon hai di\u00f1eiro\u201d, propo\u00f1en cortar as prestaci\u00f3ns e servizos p\u00fablicos e promover os privados, e, 7) e volta ao inicio, nova campa\u00f1a contra os impostos &#8230; O resultado \u00e9 unha sociedade extraordinariamente desigual onde as persoas que non pertencen \u00e1 minor\u00eda rica te\u00f1en que endebedarse para pagar os gastos sanitarios, os estudos universitarios &#8230;<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\"><b>Moitas pensi\u00f3ns xa est\u00e1n exentas<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">As pensi\u00f3ns por debaixo do SMI, 1080 \u20ac por 14 pagas en 2023, est\u00e1n exentas do IRPF. Na Galiza, 2 de cada 3 persoas pensionistas perciben menos desa cantidade polo que estar\u00edan exentas do IRPF se non te\u00f1en outros ingresos ademais da pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\"><b>E outras non deben estar exentas<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">O que ser\u00eda moi inxusto \u00e9 que non tributasen polo IRPF as pensi\u00f3ns m\u00e1is altas. A pensi\u00f3n p\u00fablica m\u00e1xima para o ano 2024 \u00e9 de 3.175,50 euros, que multiplicado por 14 pagas son 44.457,00 euros anuais. Os mill\u00f3ns de traballadoras e traballadores que perciben salarios inferiores non comprender\u00edan que estivese exenta do IRPF. Producir\u00eda unha ruptura da solidariedade interna entre traballadoras e traballadores en activo e traballadoras e traballadores xubilados.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\"><b>O que prop\u00f3n MODEPEN<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">Na asemblea anual nacional de MODEPEN celebrada o 3 de xu\u00f1o de 2023 aprobamos reivindicar unha \u201cReforma fiscal radical para constru\u00edr un sistema progresivo que garanta ingresos suficientes para financiar sistemas 100% p\u00fablicos de sanidade, educaci\u00f3n, dependencia y pensi\u00f3ns, e para erradicar totalmente a pobreza, as\u00ed como para a crecente necesidade de intervenci\u00f3n p\u00fablica na econom\u00eda\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span lang=\"gl-ES\">Propomos unha reforma fiscal para aumentar a tributaci\u00f3n dos altos ingresos, dos grandes patrimonios e dos beneficios das empresas, especialmente das que act\u00faan en r\u00e9xime de oligopolio (moi poucas empresas dominan o mercado) ou case monopolio (unha \u00fanica empresa domina o mercado.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Periodicamente dif\u00fandese por Whatsapp un manifesto pedindo que as pensi\u00f3ns estean exclu\u00eddas do IRPF. MODEPEN e o conxunto de organizaci\u00f3ns[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2921,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33,30],"tags":[],"class_list":["post-2920","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-destacadas","category-pensions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2920","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2920"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2920\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2923,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2920\/revisions\/2923"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2921"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2920"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2920"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2920"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}