{"id":3136,"date":"2024-06-15T15:28:14","date_gmt":"2024-06-15T13:28:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=3136"},"modified":"2024-06-15T15:28:14","modified_gmt":"2024-06-15T13:28:14","slug":"manifesto-contra-o-maltrato-das-persoas-maiores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2024\/06\/15\/manifesto-contra-o-maltrato-das-persoas-maiores\/","title":{"rendered":"MANIFESTO CONTRA O MALTRATO DAS PERSOAS MAIORES"},"content":{"rendered":"<p align=\"center\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>POR UNHA VELLEZ DIGNA, RESIDENCIAS P\u00daBLICAS <\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>CON XESTI\u00d3N P\u00daBLICA ESIXENTE E RESPONSABLE<\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><span style=\"font-size: x-large;\"><b>ASINAN:<\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<ul>\n<li><span style=\"color: #000000;\">\u00a0<span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>Plataforma Pensionistas Compostela<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos)<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\">\u00a0<span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>Vellez Digna (Asociaci\u00f3n galega de Familiares e Usuarios de Residencias)<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\">\u00a0<span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>REDE (Federaci\u00f3n de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia)<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\">\u00a0<span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>TREGA (Asociaci\u00f3n de Traballadoras e Traballadores de Residencias)<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\">\u00a0<span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>ASFAREBA (Asociaci\u00f3n de Familiares da Residencia de Barreiro e das <\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>R<\/b><\/span><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>esidencias de DomusVi)<\/b><\/span><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>CRAPD (Asociaci\u00f3n de Familiares e Usuarias de Residencias P\u00fablicas<\/b><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">O maltrato \u00e9 unha violaci\u00f3n dos dereitos humanos e civ\u00eds dun individuo por calquera outra persoa ou instituci\u00f3n, agravada sempre por producirse en situaci\u00f3ns de vulnerabilidade. As instituci\u00f3ns en xeral elaboran protocolos de actuaci\u00f3n m\u00e1is centrados no \u00e1mbito persoal que no p\u00fablico, malia ser neste \u00e1mbito realmente onde se producen con m\u00e1is frecuencia, onde as instituci\u00f3ns p\u00fablicas te\u00f1en a responsabilidade m\u00e1is directa.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">O obxecto deste manifesto \u00e9 denunciar ese maltrato ocultado e desgraciadamente normalizado, con pol\u00edticas antisociais que constit\u00faen en se mesmas un arquetipo organizado de abusos e desconsideraci\u00f3ns grav\u00edsimas cara a persoas moi vulner\u00e1beis e indefensas. Un maltrato estrutural que corrompe e envenena o sistema de coidados e asistencia a persoas maiores e persoas con discapacidade na Galiza, e que afecta en extremo ao deplor\u00e1bel modelo de xesti\u00f3n das residencias:<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">A neglixencia, os abusos e o maltrato f\u00edsico e ps\u00edquico, son intolerables. Por\u00e9n, non son as \u00fanicas nin as m\u00e1is com\u00fans situaci\u00f3ns de maltrato, a\u00ednda que moitas veces a propia Administraci\u00f3n elude a s\u00faa responsabilidade descargando a culpa no persoal profesional que traballa nunhas condici\u00f3ns laborais inhumanas. Ten a s\u00faa orixe principal nas pol\u00edticas sociais: con normativas dese\u00f1adas para o negocio do sector, coa ausencia de controles reais e incluso, con connivencia criminal da Administraci\u00f3n responsable.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">Cando faltan dispositivos sanitarios para a atenci\u00f3n xeri\u00e1trica especializada, cando m\u00e9dicos e <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">m\u00e9dicas lle achacan a idade calquera doenza, cando as residencias establecen normas r\u00edxidas que producen despersonalizaci\u00f3n, cando se desprazan as persoas a residencias moi lonxe do seu espazo vital producindo desarraigo, Cando a xesti\u00f3n e administraci\u00f3n dos coidados \u00e9 neglixente, cando se produce o abuso en todas as s\u00faas formas, cando se infantiliza no trato e non se respecta a intimidade, cando se fai un uso indebido da contenci\u00f3n f\u00edsica, cando se abusa da suxeici\u00f3n f\u00edsica e da suxeici\u00f3n qu\u00edmica, cando se usan innecesariamente os ap\u00f3sitos de incontinencia, Cando hai uso inadecuado ou abuso de tratamentos que non potencian a sa\u00fade e minguan a autonom\u00eda persoal, cando se produce a estafa econ\u00f3mica e a apropiaci\u00f3n de bens aproveitando a incapacidade ou a vulnerabilidade das persoas&#8230; Tam\u00e9n hai maltrato. Un maltrato do que \u00e9 responsable a Administraci\u00f3n P\u00fablica, o goberno da Xunta de Galiza neste caso.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">O d\u00eda internacional contra o maltrato das persoas de idade \u00e9 un bo dia, por tanto, para denunciar<\/span><\/span><b> <\/b><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">todo o que est\u00e1 pasando nas Residencias de maiores e esixir a satisfacci\u00f3n dun dereito. Estamos falando dun dereito. Rexeitamos toda condescendencia que concibe os coidados como beneficencia. As persoas maiores non son: \u201cos nosos maiores que traballaron moito os pobres\u201d. Son simplemente persoas que aspiran con dereito a ter unha vellez activa e digna. En consecuencia <\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond-Bold, serif;\"><b>RECLAMAMOS AO GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA:<\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">1) Un Plan integral de construci\u00f3n dos edificios p\u00fablicos necesarios para cubrir as necesidades <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">residenciais de todo o territorio de Galiza, RESIDENCIAS P\u00daBLICAS e CENTROS DE DIA, que evite o desarraigo das persoas maiores obrigadas a trasladarse a moitos quil\u00f3metros do seu entorno habitual e familiar por falta de prazas; acorde cos novos principios e est\u00e1ndares sobre a intimidade, humanizaci\u00f3n e calidade dos servizos, tanto asistenciais como m\u00e9dicos.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">2) A asunci\u00f3n do acordo sobre criterios com\u00fans de acreditaci\u00f3n e calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonom\u00eda e Atenci\u00f3n \u00e1 Dependencia (SAAD) de 2022, do \u201cConsejo Territorial de Servicios Sociales y del Sistema de Autonom\u00eda y Atenci\u00f3n a la Dependencia\u201d. Tr\u00e1tase dun acordo que mellora substancialmente a orde de 1996 que sigue aplicando a Xunta, establecendo cuartos individuais e incremento substancial da r\u00e1tium de persoal traballador por n\u00famero de residentes. Un acordo moi de m\u00ednimos que debe interpretarse como un paso cara un sistema universal que garanta unha vellez digna.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">3) A humanizaci\u00f3n dun modelo de servizos que garanta o envellecemento activo, o respecto as <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">contornas de socializaci\u00f3n e integraci\u00f3n na comunidade veci\u00f1al das residencias. Co n\u00famero suficiente de profesionais, tanto no \u00e1mbito sociosanitario como no dos coidados f\u00edsicos. Acorde cos ditames e recomendaci\u00f3ns que a Uni\u00f3n Europea realizou despois da experiencia da Pandemia do COVID19.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">4) Investigaci\u00f3n, explicaci\u00f3n e asunci\u00f3n de responsabilidades polo espect\u00e1culo dantesco nas <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">residencias durante a pandemia. Un abandono incomprensible e inhumano que non provocou nin reflexi\u00f3n nin preventiva rectificaci\u00f3n. De nada serviron as reclamaci\u00f3ns de colectivos sociais nin a grande cantidade de denuncias que a xustiza foi ensumindo no esquecemento. Unha infamia. Vulneraci\u00f3n dos dereitos das persoas maiores, do dereito \u00e1 informaci\u00f3n e \u00e1 verdade: seguen sen investigarse, por tanto sen aclararse, as circunstancias que rodearon a morte de 964 persoas maiores nas residencias galegas. O dereito das v\u00edtimas e das s\u00faas familias foi violado. As v\u00edtimas e as s\u00faas familias necesitan o repouso digno que s\u00f3 pode vir pola <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">investigaci\u00f3n nos Xulgados, polas explicaci\u00f3ns nos Parlamentos e pola asunci\u00f3n de responsabilidades.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">5) A xesti\u00f3n p\u00fablica esixente e responsable das Residencias, tam\u00e9n as doadas pola Fundaci\u00f3n <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">Amancio Ortega, malia que nun exercicio perverso de confusi\u00f3n se presente \u00e1 empresa concesionaria como \u201cEntidade sen animo de lucro\u201d. O desinterese, a neglixencia e o abandono actual contrib\u00fae eficazmente ao desprestixio do Servizo P\u00fablico.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">6) Que se realicen inspecci\u00f3ns eficientes e sen previo aviso. Actualmente o Plan de inspecci\u00f3n de servizos sociais de Galicia para o ano 2023, contempla a comunicaci\u00f3n das inspecci\u00f3ns aos servizos comunitarios.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">7) Que se reformule o servizo do SAF, (SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR), destinado a <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">dependentes e maiores en xeral. Reformulalo baixo o principio de universalidade e escoitando aos usuarios e aos concellos. Tr\u00e1tase dun servizo co que non est\u00e1n satisfeitos nin as persoas usuarias, nin as traballadoras, nin os concellos; as \u00fanicas que est\u00e1n satisfeitas son as grandes empresas do IBEX 35 que van acaparando mercado dos Servizos P\u00fablicos. Un negocio substancioso polo que presionan para privatizalos. Os recursos destinados actualmente son insuficientes para atender todas as necesidades dos fogares, mais son descomunais se consideramos a cantidade e a calidade dos servizos que prestan. M\u00e1is do 20% do orzamento <\/span><\/span><\/span><span style=\"font-size: large;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">queda no peto de empresas como CLECE, filial de ACS de Florentino P\u00e9rez ou de DomusVi, empresa de Yves Journel e dous fondos de inversi\u00f3n: <\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\"><i><b>Intermediate Capital Group (ICG) e M\u00e9rieux Equity Partners. Igual un xuiz non poder\u00eda considerar isto malversaci\u00f3n mais parecer par\u00e9cese moito.<\/b><\/i><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"font-size: medium;\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\"><span style=\"font-size: large;\">Non falamos so dun p\u00e9 fundamental do chamado \u201cEstado do Benestar\u201d, falamos tam\u00e9n de dereitos humanos. Algo que interpela a toda a sociedade, que nos interpela a todas e a todos. Apelamos con este manifesto \u00e1 conciencia colectiva para unirse a nosa reclamaci\u00f3n do dereito a un envellecemento activo, digno e humano. Os dereitos son conquistas, nunca foron concesi\u00f3ns. \u00c9 moi importante que a cidadan\u00eda se mobilice e se organiza para constru\u00edr unha sociedade m\u00e1is xusta e capaz de esixir os seus dereitos<\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Garamond, serif;\">.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><strong><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/Manifesto-maltrato-maiores.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Documento do MANIFIESTO en Pdf.<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>POR UNHA VELLEZ DIGNA, RESIDENCIAS P\u00daBLICAS CON XESTI\u00d3N P\u00daBLICA ESIXENTE E RESPONSABLE ASINAN: \u00a0Plataforma Pensionistas Compostela MODEPEN (Movemento Galego pola[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3137,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33,31],"tags":[],"class_list":["post-3136","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-destacadas","category-servizos-sociais"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3136","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3136"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3136\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3141,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3136\/revisions\/3141"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3137"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3136"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3136"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3136"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}