{"id":3439,"date":"2025-06-03T09:48:08","date_gmt":"2025-06-03T07:48:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=3439"},"modified":"2025-06-03T09:48:08","modified_gmt":"2025-06-03T07:48:08","slug":"comunicado-da-u-a-do-movemento-pensionista-paremos-o-xenocidio-de-gaza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2025\/06\/03\/comunicado-da-u-a-do-movemento-pensionista-paremos-o-xenocidio-de-gaza\/","title":{"rendered":"Comunicado da U.A. do Movemento Pensionista: \u00a1\u00a1\u00a1PAREMOS O XENOCIDIO DE GAZA !!!"},"content":{"rendered":"<p align=\"right\"><span style=\"font-size: large;\">26 de maio 2025<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Desde hai case 22 meses, o mundo \u00e9 testigo dun dos maiores crimes da historia recente da humanidade. O pobo palestino, espoliado desde hai d\u00e9cadas pola ocupaci\u00f3n colonial en Gaza e Cisxordania, agora \u00e9 v\u00edtima, na Franxa de Gaza, dunha especie de soluci\u00f3n final\u201d: un xenocidio en vivo que se desenvolve diante dos nosos ollos, por parte do ex\u00e9rcito de ocupaci\u00f3n israel\u00ed, co apoio activo de EEUU e outras potencias occidentais, e a complicidade da maior\u00eda dos pa\u00edses \u00e1rabes da zona. Segundo o reconto oficial de v\u00edtimas desta masacre, xa son m\u00e1is de 55.000 as persoas asasinadas desde outubro de 2023.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Pero a traxedia \u00e9, sen d\u00fabida, moito maior do que indican as cifras. Porque as v\u00edtimas contabilizadas oficialmente, o son a trav\u00e9s dos corpos recuperados, pero non se contan os cad\u00e1veres sepultados baixo as ru\u00ednas dos edificios e casas bombardeadas (a maior\u00eda das existentes). Corpos que non se puideron recuperar nin identificar, polo que a cantidade real de v\u00edtimas ser\u00e1 con seguridade moi superior, sen d\u00fabida unha cifra de dimensi\u00f3ns horribles.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Ademais e especificamente, m\u00e1is de 20.000 desas v\u00edtimas son nenas e nenos (m\u00e1is de 1.100 menores de 1 ano), o que confire ao monstruoso crime perpetrado polo ex\u00e9rcito de Netanyahu nun infanticidio planificado, o maior da historia da humanidade que se lembra. Eses miles de v\u00edtimas inocentes e indefensas, ademais doutros miles de criaturas mutiladas ou traumatizadas para sempre, converte a traxedia de Gaza nun golpe moral dificilmente soportable para calquera persoa cun m\u00ednimo de humanidade e sentimentos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Tampouco podemos pararnos na mera dimensi\u00f3n cuantitativa das v\u00edtimas palestinas. Non esquezamos que cada unha desas persoas asasinadas polo ex\u00e9rcito sionista era unha vida humana, como a nosa, e ti\u00f1an o mesmo dereito \u00e1 liberdade e a dignidade coma n\u00f3s, os nosos familiares ou os nosos amigos. Cada un deses nenos e nenas asasinados polas bombas de Israel eran vidas tan preciosas como a dos nosos propios fillos, fillas ou netos. Vidas inocentes, segadas pola barbarie. \u00c9 dificilmente imaxinable o horror e o sufrimento de quen ve os corpos esnaquizados dos seus fillos e fillas, pero non por iso debemos deixar de tentar po\u00f1ernos no seu lugar, compartindo a s\u00faa dor, a\u00ednda que s\u00f3 sexa por un momento. O que est\u00e1 a suceder en Palestina e en Gaza interp\u00e9lanos a toda a humanidade.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Ningu\u00e9n de n\u00f3s poder\u00eda imaxinar, non fai tanto, que cousas como estas puidesen ocorrer en pleno s\u00e9culo XXI, pero est\u00e1n a suceder. Nun marco de destruci\u00f3n total, o ex\u00e9rcito sionista reduciu a entullos casas, escolas, hospitais, instalaci\u00f3ns administrativas ou de servizos b\u00e1sicos, como a auga. Est\u00e1n utilizando a fame, a sede e a falta de atenci\u00f3n sanitaria como arma de exterminio. Actualmente hai m\u00e1is de 15.000 beb\u00e9s a piques de morrer de fame.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Non podemos mirar cara a outro lado, porque os nosos irm\u00e1ns e irm\u00e1s palestinas recl\u00e1mannolo, e porque por conciencia temos a obrigaci\u00f3n de tentar parar o xenocidio. Ademais, ningu\u00e9n nos garante que a barbarie coa que hoxe se asasina a poboaci\u00f3n gazat\u00ed e palestina, non poida aplicarse, nun futuro incerto, a quen se opo\u00f1a aos plans dos poderosos, por exemplo n\u00f3s mesmas.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Por todo iso, desde os movementos e plataformas pensionistas dos pobos e comunidades do Estado espa\u00f1ol, esiximos:<\/span><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">O fin do xenocidio en curso sobre Gaza, as\u00ed como que acabe xa a ocupaci\u00f3n colonial da terra palestina.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">A entrada inmediata en Gaza de toda a axuda humanitaria para atender as necesidades m\u00e1is urxentes: alimentaci\u00f3n, auga, atenci\u00f3n sanitaria e equipos de emerxencia.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">A detenci\u00f3n e posta ao dispor diante dos tribunais internacionais, dos responsables do goberno e do ex\u00e9rcito de Israel, autores destes horrendos crimes, empezando polo primeiro ministro Benjam\u00edn Netanyahu.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Mentres dure o xenocidio, a ruptura total de relaci\u00f3ns diplom\u00e1ticas, comerciais culturais e deportivas co ente sionista. \u00c9 vital, para deter o masacre, que se leve a cabo un boicot real da subministraci\u00f3n de material militar, as\u00ed como a suspensi\u00f3n do comercio de armas con Israel.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Neste sentido, demandamos do Goberno espa\u00f1ol que acompa\u00f1e as s\u00faas declaraci\u00f3ns de boas intenci\u00f3ns, que valoramos, con feitos concretos e pr\u00e1cticos, como o inmediato embargo de armas, a cancelaci\u00f3n dos contratos de defensa con empresas sionistas, ou a negativa \u00e1 utilizaci\u00f3n dos portos do Estado espa\u00f1ol como escala de material b\u00e9lico para alimentar o xenocidio sobre Gaza e Palestina.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"> Desde aqu\u00ed chamamos \u00e1s compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros pensionistas para que unamos as nosas forzas e sum\u00e9monos \u00e1s manifestaci\u00f3ns e actividades en solidariedade co pobo palestino, que se est\u00e1n convocando en todos os territorios do Estado. Habemos de conseguir parar o xenocidio en Gaza, e tam\u00e9n os asasinatos e o espolio en Cisxordania. E que o pobo irm\u00e1n de Palestina poida decidir o seu futuro en paz e liberdade.<\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size: large;\"><b>GAZA SOMOS TOD@S!! VIVA PALESTINA LIBRE!!<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>COESPE (Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema P\u00fablico de Pensiones)<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>EHPM (Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria)<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>MADPP (Movimiento Andaluz por la Defensa de las Pensiones P\u00fablicas)<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos)<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>UNIDAD COESPE (Coordinadora Estatal de Pensionistas)<\/b><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Badajoz, M\u00f3stoles\u2026<\/b><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>26 de maio 2025 Desde hai case 22 meses, o mundo \u00e9 testigo dun dos maiores crimes da historia recente[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3440,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33,35,29],"tags":[],"class_list":["post-3439","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-destacadas","category-outras-novas","category-outras-novas-miscelanea"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3439","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3439"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3439\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3441,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3439\/revisions\/3441"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3440"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3439"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3439"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3439"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}