{"id":3448,"date":"2025-06-13T11:49:14","date_gmt":"2025-06-13T09:49:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=3448"},"modified":"2025-06-13T11:50:44","modified_gmt":"2025-06-13T09:50:44","slug":"a-comision-europea-quere-reducir-as-pensions-publicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2025\/06\/13\/a-comision-europea-quere-reducir-as-pensions-publicas\/","title":{"rendered":"A Comisi\u00f3n Europea quere reducir as pensi\u00f3ns p\u00fablicas"},"content":{"rendered":"<p>No mes de marzo a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) realizou unha avaliaci\u00f3n das previsi\u00f3ns sobre ingresos e gastos do sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns (SPP). A avaliaci\u00f3n conclu\u00edu que as medidas de ingresos e gastos adoptadas son suficientes para garantir a viabilidade do SPP at\u00e9 o ano 2050. Este procedemento, estabelecido na Disposici\u00f3n Adicional 2\u00aa do RD-l 2\/2023, debe repetirse cada tres anos. Polo tanto, a seguinte avaliaci\u00f3n deber\u00eda facerse en marzo de 2028.<\/p>\n<p>Inesperadamente, <strong>o Goberno do Estado anuncia que encargar\u00e1 un informe adicional \u00e1 AIReF en 2026. Ademais, mudar\u00e1 as regras de avaliaci\u00f3n dos ingresos e gastos do SPP<\/strong>. Segundo a disposici\u00f3n adicional 32\u00aa da Lei Xeral da Seguridade Social, as transferencias dos Orzamentos Xerais do Estado deben considerarse un ingreso do SPP. En adiante esta transferencia xa non se considerar\u00e1 un ingreso do sistema, polo que pasar\u00eda a recibir a consideraci\u00f3n de pr\u00e9stamo e a contabilizarse como resultado dun d\u00e9ficit de recadaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O Goberno reco\u00f1ece que<strong> esta mudanza de criterio non prevista \u00e9 consecuencia das presi\u00f3ns da Comisi\u00f3n Europea (CE)<\/strong>. Mark R\u00fctte, secretario xeral da OTAN, esixiu en decembro reducir o gasto social, e en concreto en pensi\u00f3ns, para incrementar o gasto militar at\u00e9 o 5% do PIB. Ursula von Der Leyen, presidenta da CE, apoia firmemente esta pol\u00edtica. Ademais, desde hai anos, a CE promove os fondos de pensi\u00f3ns privados de capitalizaci\u00f3n como alternativa aos sistemas p\u00fablicos de repartici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>A ofensiva contra o SPP procura dous obxectivos:<\/strong><\/p>\n<p>1\u00ba Desviar recursos da protecci\u00f3n social e as pensi\u00f3ns p\u00fablicas para as grandes empresas de armamento, o que beneficiar\u00e1 especialmente as compa\u00f1\u00edas estadounidenses.<\/p>\n<p>2\u00ba Abrir espazo para os fondos privados de capitalizaci\u00f3n despois de debilitar os sistemas p\u00fablicos de repartici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>A quen beneficiar\u00e1n os fondos privados de capitalizaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p>\u00c1 banca, as compa\u00f1\u00edas de seguros e os fondos de investimento. Por iso financian grupos de \u201cexpertos\u201d como Fedea que publican regularmente \u201cinformes\u201d alarmistas sobre o d\u00e9ficit do sistema e a necesidade de subscribir contas individuais de plans de pensi\u00f3ns privado.<\/p>\n<p><strong>Quen financia o laboratorio de ideas Fedea?<\/strong><\/p>\n<p>As grandes empresas. Bancos como Caixa Bank, BBVA, Sabadell, Santander, Banca March, Unicaja; e compa\u00f1\u00edas de seguros como Mapfre e Mutua Madrile\u00f1a. Todas elas interesadas nas comisi\u00f3ns que cobran polo dep\u00f3sito e xesti\u00f3n das contas privadas para pensi\u00f3ns de xubilaci\u00f3n de capitalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Que prop\u00f3n o movemento social en defensa das pensi\u00f3ns p\u00fablicas (MSDPP)?<\/strong><\/p>\n<p>Prevese que nas pr\u00f3ximas d\u00e9cadas, a porcentaxe de persoas maiores de 65 anos pasar\u00e1 do 20% (2 de cada 10) ao 30% (3 de cada 10). As traballadoras e traballadores que se xubilar\u00e1n a partir de 2030, 2040 e 2050 deben ter dereito a unha pensi\u00f3n digna. Para garantilo ser\u00e1 imprescind\u00edbel aumentar o gasto en pensi\u00f3ns como porcentaxe do PIB.<\/p>\n<p>O MSDPP v\u00e9n esixindo que se adopten medidas de aumento de ingresos entre as que destacamos:<\/p>\n<p>1\u00ba. Creaci\u00f3n dunha nova cotizaci\u00f3n sobre o valor engadido das empresas que aumentar\u00eda a recadaci\u00f3n dos sectores intensivos en capital (enerx\u00eda, finanzas, tecnol\u00f3xicas).<\/p>\n<p>2\u00ba. Recuperaci\u00f3n da participaci\u00f3n dos salarios no PIB perdida nas \u00faltimas d\u00e9cadas. O informe sobre competitividade de Mario Draghi c\u00edfra no 6% da renda dispo\u00f1\u00edbel o que equivale no Estado espa\u00f1ol a 80 mil mill\u00f3ns de euros. Esta recuperaci\u00f3n ademais de permitir recuperar o poder adquisitivo perdido por mill\u00f3ns de traballadores e traballadoras ampliar\u00eda a base sobre a que se calculan as cotizaci\u00f3ns sociais, incrementando os ingresos do SPP.<\/p>\n<p>3\u00ba. Aprobar de vez unha reforma fiscal progresiva que incremente a recadaci\u00f3n procedente dos dividendos en m\u00e1ximos hist\u00f3ricos e dos grandes patrimonios.<\/p>\n<p><strong>MODEPEN<\/strong>, como parte do MSDPP quere alertar \u00e1s traballadores e traballadores en activo de que <strong>a OTAN e a Comisi\u00f3n Europea pretenden reducir as s\u00faas pensi\u00f3ns futuras, e outras prestaci\u00f3ns sociais, para as converter en gasto militar<\/strong>.<\/p>\n<p>Nos pr\u00f3ximos meses desenvolveremos un labor de informaci\u00f3n sobre as ameazas que pairan sobre as pensi\u00f3ns p\u00fablicas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Ese labor de informaci\u00f3n crear\u00e1 as condici\u00f3ns para unha mobilizaci\u00f3n contra o aumento do gasto militar e en defensa do SPP que deber\u00e1 ser o m\u00e1s masiva pos\u00edbel.<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\">Galiza, Xu\u00f1o de 2025<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>Participa!<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No mes de marzo a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) realizou unha avaliaci\u00f3n das previsi\u00f3ns sobre ingresos e gastos[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3450,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33,30],"tags":[],"class_list":["post-3448","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-destacadas","category-pensions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3448","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3448"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3448\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3451,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3448\/revisions\/3451"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3450"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3448"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3448"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3448"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}