{"id":3814,"date":"2026-10-22T16:38:57","date_gmt":"2026-10-22T14:38:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.modepen.org\/?p=3814"},"modified":"2026-10-22T16:38:57","modified_gmt":"2026-10-22T14:38:57","slug":"comunicado-da-unidade-de-accion-das-plataformas-e-movementos-de-pensionistas-dos-pobos-e-comunidades-do-estado-pola-manifestacion-do-dia-24-de-outubro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2026\/10\/22\/comunicado-da-unidade-de-accion-das-plataformas-e-movementos-de-pensionistas-dos-pobos-e-comunidades-do-estado-pola-manifestacion-do-dia-24-de-outubro\/","title":{"rendered":"Comunicado da Unidade de Acci\u00f3n das plataformas e movementos de pensionistas dos pobos e comunidades do Estado pola Manifestaci\u00f3n do d\u00eda 24 de Outubro"},"content":{"rendered":"<p align=\"right\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">24 de outubro de 2026<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>O d\u00eda 24 de outubro de 2026 manifest\u00e1monos en Madrid cargados de raz\u00f3ns para defender os dereitos que nestes \u00faltimos oito anos conseguimos, e para esixir ao goberno que dea resposta posivas \u00e1s nosas demandas pendentes.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">No mes de xu\u00f1o \ufb01xemos p\u00fablica a <b>nosa posici\u00f3n respecto ao \u00faltimo informe da AIReF<\/b> sobre a s\u00faa avaliaci\u00f3n do SPP, un informe que con\ufb01rmaba que <b>non era necesario adoptar novas medidas de axuste<\/b> para garantizar o Sistema P\u00fablico de Pensi\u00f3ns, pero dirix\u00edase ao goberno para que cambiase a Lei co \ufb01n de que <b>o di\u00f1eiro das pensi\u00f3ns se utilizara tam\u00e9n para reducir o d\u00e9\ufb01cit p\u00fablico<\/b> derivado dunha pol\u00edtica \ufb01scal que bene\ufb01cia aos ricos ou para \ufb01nanciar o incremento do gasto en defensa.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">Hoxe nesta manifestaci\u00f3n o repetimos m\u00e1is alto e m\u00e1is claro. <b>Nin o permitimos en 2018, nin en 2026 nin o permitiremos en 2027, goberne quen goberne<\/b>. As nosas pensi\u00f3ns son parte do noso salario e <b>non toleraremos que se reduzan para que uns poucos sigan facendo negocio coas guerras<\/b>, especulen coas materias primas e os prezos e batan marcas hist\u00f3ricas de bene\ufb01cios. A acumulaci\u00f3n e concentraci\u00f3n de riqueza cada vez en menos mans <b>est\u00e1 na orixe das guerras<\/b> e na lei do m\u00e1is forte cuxo expo\u00f1ente m\u00e1is cruel \u00e9 o xenocidio sionista en Palestina.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>Non imos aceptar cambiar pensi\u00f3ns por armas.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">Hoxe nesta manifestaci\u00f3n dirix\u00edmonos publicamente ao goberno, porque <b>ata a data non recibimos resposta<\/b> \u00e1s cartas que facendo uso do dereito de petici\u00f3n recollido na Lei Org\u00e1nica 4\/2001 enviamos \u00e1 ministra Elma S\u00e1iz, F\u00e9lix Bola\u00f1os e Carlos Cuerpo o 27 de xullo deste ano. Nesas cartas demandab\u00e1moslles <b>modi\ufb01car o DL 2\/2023 para igualar a Pensi\u00f3n M\u00ednima ao SMI neto, eliminando a referencia ao limiar da pobreza, a revalorizaci\u00f3n das pensi\u00f3ns en funci\u00f3n do IPC real e o restablecemento da paga compensatoria<\/b> do poder adquisitivo perdido a \ufb01nal de cada ano.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">O tempo pasa e as oportunidades p\u00e9rdense e <b>hoxe, en outubro, as persoa pensionistas temos menos capacidade de compra que en xaneiro<\/b> e a pensi\u00f3n, para o 51,3% das persoas pensionistas <b>non nos permite chegar a \ufb01nal de mes<\/b> e garantizar unha alimentaci\u00f3n sa, a sa\u00fade, os servizos de coidados que necesitamos ou unha vivenda confortable. O dato demoledor <b>da subida do IPC en setembro nun 4,9%<\/b> (e todo indica que vai en aumento) empobrece severamente a vida das persoas m\u00e1is vulnerables. <b>Non aceptamos que pola v\u00eda do incremento dos prezos os oligopolios \ufb01nanceiros, as empresas enerx\u00e9ticas, os fondos voitre e as grandes cadeas de distribuci\u00f3n metan a man nos nosos petos para seguir, ano tras ano, batendo r\u00e9cords de bene\ufb01cios. Tampouco toleramos a pr\u00edvatizaci\u00f3n das pensi\u00f3ns nin os Plans privados de empresa (PPEs).<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">Todas e todos n\u00f3s <b>instamos publicamente ao Goberno<\/b> a que antes de que \ufb01nalice o ano garantan por lei:<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">1. <b>Equiparar a Pensi\u00f3n M\u00ednima co Salario M\u00ednimo Interprofesional neto e, desta forma, reducir a enorme e vergo\u00f1enta brecha de x\u00e9nero<\/b> nas pensi\u00f3ns.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">2. <b>Compensar a perda do poder adquisitivo das pensi\u00f3ns<\/b>, increment\u00e1ndoas en funci\u00f3n do <b>IPC real e recuperando a paga compensatoria<\/b> de \ufb01nal de ano existente antes da reforma do 2021.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">3. As\u00ed mesmo <b>d\u00e9bense derrogar os coe\ufb01cientes redutores da xubilaci\u00f3n anticipada con corenta ou m\u00e1is anos cotizados<\/b>. Esta, \u00e9 unha reivindicaci\u00f3n do movemento pensionista que <b>a trav\u00e9s de ASJUBI40 chegou ao congreso para o seu debate<\/b>. Esta esixencia fai xustiza con miles de pensionistas castigados para sempre, tras toda unha vida de traballo. Urxe convertir esta proposta parlamentaria <b>nunha realidade de\ufb01nitiva<\/b>. Unha vez m\u00e1is temos que dicir que loitar merece a pena.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">4. <b>Presentar a auditor\u00eda das contas da Seguridade Social recollida na lei e a\u00ednda non realizada.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>Depende da vontade pol\u00edtica dos gobernos e do poder lexislativo que isto sexa posible<\/b>. S\u00f3 fai falta <b>valor e vontade pol\u00edtica<\/b> para facelo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">As\u00ed mesmo, as organizaci\u00f3ns de pensionistas que formamos parte da Unidade de Acci\u00f3n <b>apoiamos todas as mobilizaci\u00f3ns<\/b> que te\u00f1en o com\u00fan denominador da repartici\u00f3n equitativa da riqueza e garantizar dereitos sociais b\u00e1sicos para todas as persoas. <b>Garantizar o dereito \u00e1 vivenda, defender a sanidade e educaci\u00f3n p\u00fablicas e os servizos de coidados p\u00fablicos e comunitarios, incrementar o poder adquisitivo dos salarios, mellorar as condici\u00f3ns de traballo e defender as liberdades democr\u00e1ticas son parte da mesma resistencia popular<\/b>. Identi\ufb01c\u00e1monos coas mobilizaci\u00f3ns para acabar co negocio da vivenda e os fondos voitre (con frecuencia vinculados aos fondos privados de pensi\u00f3ns) que o fomentan e <b>mostramos a nosa solidariedade e apoio \u00e1s persoas que son expulsadas<\/b> das s\u00faas casas utilizando a violencia e vulnerando o dereito b\u00e1sico a unha vivenda e \u00e1 propia vida. A vivenda non \u00e9 un produto \ufb01nanceiro, \u00e9 un dereito.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">En defensa do dereito a teito, de salarios e pensi\u00f3ns dignas <b>APOIAMOS ACTIVAMENTE A FOLGA XERAL CONVOCADA POLOS SINDICATOS O D\u00cdA 11 DE NOVEMBRO. A LOITA E A MOBILIZACI\u00d3N \u00c9 A NOSA GARANT\u00cdA PARA DEFENDER E CONQUISTAR DEREITOS E GARANTIR A TODAS AS PERSOAS UNHAS CONDICI\u00d3NS DE VIDA DIGNAS.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\">As organizaci\u00f3ns pensionistas asinantes de Unidade de Acci\u00f3n, <b>facemos un chamamento \u00e1 participaci\u00f3n nas mobilizaci\u00f3ns que se van a seguir desenvolvendo, reforzando a unidade de acci\u00f3n con todas as organizaci\u00f3ns sociais<\/b>, insistindo na especial <b>coincidencia de intereses coa mocidade e a clase traballadora<\/b>, co com\u00fan denominador de <b>esixencia de salarios, vivenda e pensi\u00f3ns p\u00fablicas dignas<\/b>, rea\ufb01rm\u00e1ndonos que a mobilizaci\u00f3n da maior\u00eda da sociedade \u00e9 o factor determinante para avanzar en dereitos e liberdades democr\u00e1ticas, <b>pechando o paso as\u00ed \u00e1 onda de conservadorismo<\/b> que percorre o mundo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSI\u00d3NS P\u00daBLICAS E OS DEREITOS DEF\u00c9NDENSE<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>ASJUBI40<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">(Asociaci\u00f3n Jubilaci\u00f3n Anticipada sin Penalizar)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>COESPE<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">(<\/span><span style=\"font-size: medium;\">Coordinadora Estatal por la Defensa do Sistema P\u00fablico de Pensiones)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>EHPM<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">(Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>MADPP<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">(Movimiento Andaluz por la Defensa de las Pensiones P\u00fablicas)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>MODEPEN<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">(Movemento Galego en Defensa d\u00e1s Pensi\u00f3ns e dos Servizos P\u00fablicos)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>UNIDADE COESPE<\/b> (<span style=\"font-size: medium;\">Coordinadora Estatal de Pensionistas)<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Liberation Mono, monospace;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS<\/b> <span style=\"font-size: medium;\">de Badajoz, M\u00f3stoles\u2026<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/COMUNICADO-U.A.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ccomunicado da U.A.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>24 de outubro de 2026 O d\u00eda 24 de outubro de 2026 manifest\u00e1monos en Madrid cargados de raz\u00f3ns para defender[&#8230;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3741,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[28,33],"tags":[],"class_list":["post-3814","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-movilizacions","category-novas-destacadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3814","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3814"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3814\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3815,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3814\/revisions\/3815"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3741"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3814"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3814"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3814"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}