Novas Importantes e Movilizacións

18 de Xullo de 2020 en Boiro

 

24-06-2020: Convocatoria da Marcha por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Universais y de Calidade

 

ENCONTRO TELEMÁTICO SOBRE A DEPENDENCIA

O día 23/06/2020, tivo lugar un “Debate Telemático sobre a Dependencia”, usando o programa informático Zoom, organizado pola “Alianza Galega polo Servizos Sociais Públicos para os Maiores”, que está constituída polos seguintes colectivos sociais: “Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPÉN)”, “Traballadoras das Residencias Galegas (TReGA), e Asociacións de Familiares de Usuarios das Residencias(REDE).
Estaban invitados todos as organizacións políticas con presenza no último Parlamento Galego. Finalmente participaron no “Debate” Montse Prado do BNG, Maria Chao da Marea Galeguista, e Xulio Torrado do PSdeG-PSOE. Galicia En Común escusou a súa asistencia, por problemas de axenda, e o PP, que tamén estaba invitado, non participou.
Por parte de Alianza participaron: Paco Vizoso do Modepen; Maribel Barreiro de TReGA e Xosé Bermúdez secretario de REDE.