A ASEMBLEA XERAL DO MODEPEN, é o máximo órgano de decisión do MODEPEN, e ten lugar con periodicidade anual.
A III Asemblea Xeral do MODEPEN, tivo lugar en Boiro o 18/07/2020, e nela elixiuse unha Coordinadora Nacional do MODEPEN, composta por 19 persoas das diferentes Plataformas Territoriais.
Na III Asemblea tamén se elixiron, entre os membros da Coordinadora Nacional, as seguintes responsabilidades individuais:
Presidente: Gonzalo Balo Mosquera
Vicepresidente: Guillermo Fontán Feijóo
Secretario: Francisco L. Vázquez Vizoso
Tesoureiro: Luis Viñas Otero
O CONSELLO DE COORDINACIÓN NACIONAL do MODEPEN: é o máximo órgano de decisión entre as Asembleas Xerais do MODEPEN. O actual Consello constituíuse formalmente o 18/01/2021.
As persoas que o integran foron elixidas por 3 vías diferentes (Artigo 19 dos Estatutos):
-
polas persoas que resultaron elixidas para a Coordinadora Nacional na Asemblea Xeral do MODEPEN que se celebrou en Boiro o 18/07/2021 e,
-
polas persoas elixidas nas Asembleas das diferentes Plataformas Territoriais, realizadas entre outubro 2020 e a 1ª quincena de xaneiro de 2021, dentro do proceso de “formalización” das Plataformas Territoriais. Nese proceso, as persoas inscritas no MODEPEN no ámbito territorial de cada Plataforma Territorial, elixiron as integrantes da súa Coordinadora, así como ás persoas que que ían representar a súa Plataforma no Consello de Coordinación Nacional:
-
1 persoa por cada Plataforma “constituída”, e
-
un número de persoas proporcional ao de inscritos no ámbito territorial da plataforma, e ao día das súas cotas: 1 persoa máis por cada 30 inscritos ou fracción superior a 15.
-
Unha vez que se formalizou a constitución do actual Consello de Coordinación Nacional, este pasou a ser o único órgano de coordinación e decisión con que conta o MODEPEN a nivel nacional galego, pois a Coordinadora Nacional, que garantiu o funcionamento do MODEPEN até a formalización do Consello, deixou de ter actividade como tal unha vez constituído este.
Alén dos seus membros electos, que teñen voz e voto, ás xuntanzas do Consello son abertas, con voz mais sen voto, a outras persoas do MODEPEN que forman parte das Coordinadoras das Plataformas Territoriais ou participan regularmente nas súas actividades.