Táboa Reivindicativa

MODEPEN ten como fin prioritario a consecución das seguintes reivindicacions:

Bloque legal

  1. Recoller as pensións como un dereito constitucional, e incluír as mesmas nos orzamentos xerais do estado
  2. Restablecer a Xubilación Ordinaria aos 65 e 35 anos de cotización.
  3. Xubilación anticipada sen penalizar con 40 ou máis anos cotizados = 100%.
  4. Recuperación do Subsidio para maiores de 52 anos.
  5. Integración dos Réximes especiais en todos os seus campos.
  6. Derogación das reformas do sistema de pensións de 2011 e 2013.

Bloque económico

  1. Pensión mínima de 1084 € que garanta con dignidade a vida de acordo cos criterios da Carta Social Europea.
  2. Revalorización automática das pensións en relación ao IPC real anual.
  3. Recuperación económica do perdido desde 2011.

Bloque Social

  1. Homologación das Prestacións a niveis da Carta Social Europea.
  2. Modificación do tope mínimo en caso de dobre pagador.
  3. Desaparición da Brecha de xénero nas pensións.
  4. Pleno e inmediato funcionamento da Lei de Dependencia.
  5. Eliminar todo tipo de copagamento e restablecemento dos dereitos sanitarios.
  6. Garantía das subministracións básicas (enerxía, auga, transporte).

Bloque Territorial

  1. Pleno funcionamiento da Lei de Dependencia. Posta al día das listas de espera, reducíndoas aos prazos previstos legalmente. Revisión dos criterios de concesión de axudas a dependencia, elevación das contías que permitan unha vida digna para as persoas dependentes. Esixir a Xunta de Galicia dar de alta na Seguridade Social as coidadoras e coidadores mentres non se implante un servizo Público de coidados de calidade.
  2. Eliminación do copago farmacéutico.
  3. Revisión do sistema de cobertura dos medicamentos asociados a procesos crónicos.
  4. Restablecemento de tódoslos dereitos sanitarios e ampliación das coberturas introducindo as relacionadas co coidado dental e as prótesis auditivas e visuais.
  5. Establecemento dunha tarxeta do pensionista con coberturas para o uso do transporte público e a acceso aos bens culturais subvencionados ou xestionados pola Administración.
  6. Elevación da contía da RISGA e doutras axudas sociais ata unha cantidade que permita unha vida digna, sendo a cantidade a percibir igual a o SMI. Eliminación do límite para cobrar esta prestación e modificación dos criterios par a sua concesión.