Nas últimas semanas o BBVA e o Ivie (Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas) fixeron pública unha nota de prensa na que manteñen que os traballadores e traballadoras máis novos deberán xubilarse aos 71 anos se queren cobrar unha pensión suficiente. A alternativa sería que subscriban un plan de pensións de capitalización ou que perciban unha herdanza. Os medios de comunicación difundiron masivamente o contido da nota de prensa asumindo o seu marco de interpretación. Desde Modepen entendemos que o obxectivo do BBVA e do Ivie é sementar entre a mocidade a desconfianza sobre a viabilidade do sistema de pensións para facilitar a substitución paulatina do sistema público de repartición por un sistema privado de capitalización. O noso compañeiro Xabier Pérez Davila analiza a proposta do BBVA e do Ivie no documento que achegamos.
Sobre o relatorio do BBVA: NIN O BBVA NIN FEDEA DEBEN DIRIXIR O DEBATE SOBRE O FUTURO DAS PENSIÓNS