Comentario ao Semestre Europeo 2026 de Primavera por Xabier Pérez Davila

A Comisión Europea advirte no Semestre Europeo 2026 de Primavera de que o gasto asociado ao envellecemento (pensións e coidados sanitarios) é unha carga para as finanzas públicas.

Ao mesmo tempo promove os planos privados de capitalización para, segundo a súa opinión, garantir unhas pensións dignas na vellez.

Estas propostas fan parte dunha campaña para privatizar unha parte dos sistemas públicos de pensións europeos.

Neste breve documento o noso compañeiro Xabier Pérez Davila analiza cal debe ser a resposta do Movemento Social en Defensa das Pensións Públicas: informar, organizar e mobilizar.

Comentario ao Semestre Europeo 2026 de Primavera