O 29 de maio a Autoridade Independente de Reponsabilidade Fiscal (AIReF) publicou un informe sobre a situación do Sistema Público de Pensións (SPP) no que exixe reducir o gasto en pensións previsto.
Mikel de la Fuente do Movemento de Pensionistas de Euskalherria e o noso compañeiro Xabier Pérez Davila analizan no seguinte texto o informe da AIReF e sitúano como parte do proxecto da Comisión Europea para privatizar parte das cotizacións sociais e abrir paso aos fondos privados de capitalización.
A análise foi publicada na web Viento Sur. Ofrecémola na lingua de noso por considerármos que achega un punto de vista necesario e alerta dos perigos aos que o Movemento Social en Defensa das Pensións Públicas (MSDPP) deberá facer fronte nos próximos anos.