A clase traballadora, obrigada a financiar o rearme alemán

O 20 de xuño Mikel de la Fuente, do Movemento de Pensionistas de Euskalherria, e o noso compañeiro Xabier Pérez Davila analizaban o proxecto da Comisión Europea para privatizar parte das cotizacións sociais e abrir paso aos fondos privados de capitalización (ver nesta mesma web), onde explicaban como a Comisión Europea, as finanzas e a industria das armas iniciaran o asalto das pensións con tres grandes argumentos que, na práctica, constitúen unha declaración de guerra contra a maioría traballadora:

1. Reducir o gasto en pensións públicas para destinar máis recursos ao rearme europeo.

2. Promover os fondos privados de capitalización para alimentar un mercado único de capitais que financie o investimento en reindustrialización e nas soberanías tecnolóxica e militar,

3. Desviar parte do “excesivo” gasto nas xeracións máis vellas (pensións, sanidade, coidados) para destinalo ás xeracións máis mozas. (“argumento” que incide na intensa ofensiva para instigar unha guerra entre xeracións que enmascare a realidade do enfrontamento entre capital e traballo)

Neste pequeno artigo, co título: “A clase traballadora, obrigada a financiar o rearme alemán”, que reproducimos, publicado no xornal Nós, Xabier Pérez Davila analiza as reformas que acaba de anunciar o goberno alemán para “impulsar a economía, reducir o gasto social e converter o exército alemán no máis poderoso de Europa”.