28 de marzo 2025
A Delegación do Goberno en Madrid abriu expediente sancionador con multa de 1.200 euros a un compañeiro do movemento pensionista. O motivo? Este compañeiro foi unha das dúas persoas que comunicaron á mesma Delegación do Goberno, en cumprimento da normativa vixente, a convocatoria dunha manifestación unitaria en defensa das pensións públicas, o 22 de maio do ano pasado. Segundo a policía, nesa manifestación alterouse “ a orde pública”, aínda que ninguén lembra como. Tampouco houbo detidos nin identificados por eses supostos feitos.
Así pois, entendemos que esa sanción administrativa, dez meses despois dunha manifestación legalmente convocada e sen incidentes é, sinxelamente, un castigo colectivo cara a todo o movemento pensionista, utilizando unha lei represiva, para tentar afogar a súa voz.
Pero non é o único caso de pensionistas sancionados pola “Lei Mordaza”. Tamén foron sancionadas o ano pasado dúas compañeiras de Alcalá de Henares, nunha concentración pensionista de “os luns ao Sol”, por exhibir unha pancarta denunciando o xenocidio contra o pobo palestino. Parece que non foi do agrado do policía de quenda, que tentou reprimir ese acto. Outra arbitrariedade máis, que se suma á longa lista de miles de multas sen máis probas que a versión policial. Os movementos cidadáns, as protestas da xente traballadora e, agora tamén, as persoas pensionistas, son o obxectivo da “Lei Mordaza”, que este 30 de marzo cumpre 10 ANOS!
Din que “o prometido é débeda”. As promesas da derrogación da “Lei Mordaza”, feitas en campaña electoral polos dous socios do actual goberno, tanto PSOE como SUMAR, son parte dunha débeda que o actual goberno, que se di “progresista”teñen cos seus propios votantes, pero tamén coas xentes traballadoras, pensionistas e o conxunto da cidadanía. Cada día que pasa sen derrogar esa lei represora debería encherlles de vergoña, pola covardía de non cumprir coa súa palabra e optar pola vía autoritaria. Deberían ruborizarse se, ademais, segundo datos do seu propio Ministerio do Interior, a maior parte das multas impostas nestes dez anos fórono baixo o mandato deste goberno supostamente “de esquerdas”. Agora que tamén se nos ameaza desde o Ministerio de Defensa, con enormes aumentos dos gastos militares a cargo das necesidades sociais, é pertinente lembrarlles que o autoritarismo e o militarismo son a peor cara do capitalismo.
Tomamos boa nota de que as multas contra as e os compañeiros pensionistas son contra todo o colectivo, e o son por defender as pensións públicas e a liberdade de expresión.Tamén somos e seremos solidarias con todas as persoas vítimas deste Estado autoritario e das súas leis represivas. Non podemos esquecer, entre outros casos, aos 6 de Zaragoza, nin ás sindicalistas da Suíza de Xixón ou do SAT de Granada. Agora,tamén, chamamos á solidariedade das xentes traballadoras e pensionistas cos nosos compañeiros represaliados de Madrid e Alcalá de Henares. As organizacións e os movementos de pensionistas dos diferentes pobos e comunidades que firmamos este escrito, temos moi claro aquilo de que “se nos tocan a un@, tócannos a tod@s”.
Esiximos ao Goberno e aos grupos políticos que lle apoian, a que procedan inmediatamente á DERROGACIÓN DA LEI MORDAZA.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS E OS DEREITOS DEFÉNDENSE
COESPE (Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones)
EHPM (Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria)
MADPP (Movimiento Andaluz por la Defensa de las Pensiones Públicas)
MODEPEN (Movemento Galego en Defensa dás Pensións e dos Servizos Públicos)
UNIDADE COESPE (Coordinadora Estatal de Pensionistas)
PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Badajoz, Móstoles…