Valoración conxunta de plataformas e movimentos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado:
Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos
Valoración conxunta de plataformas e movimentos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado:
As organizacións de pensionistas de diferentes Pobos e Comunidades do Estado Español asinaron un manifesto convocando unha nova mobilización conxunta e descentralizada en defensa do sistema público de pensións e contra a nova reforma que pretende recortalo e deterioralo unha vez máis para o vindeiro 12 de febreiro.
No manifesto chámase aos pensionistas e a toda a cidadanía, a defender unhas pensións dignas, o seu carácter público e unas condicións de traballo dignas, para EXIXIR:
– Garantir que en 2022 e anos sucesivos o poder adquisitivo das pensións se revalorice en función do incremento do “IPC real” (o “IPC Acumulado Anual”) tal como se viña facendo antes da reforma de 2011, así como a compensar a perda do 3% do poder adquisitivo das pensións do ano 2021.
– Garantir que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero en salarios e pensións e incrementando a pensión mínima até equipararse ao salario mínimo (SMI), e que este se sitúe no 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea.
– Garantir pensións públicas dignas xustas e suficientes e o carácter público do Sistema de Pensións, derrogando os recortes das reformas de 2011, 2013 y 2021, e rexeitando a privatización total ou parcial do mesmo, baixo calquera fórmula.
Manifesto da Xornada de Mobilización Estatal de Pensionistas do 12 de febreiro 2022.
O movemento pensionista reafirma a súa oposición á Lei Escrivá e anuncia unha nova xornada de mobilización estatal para o vindeiro 12 de febreiro.
Comunicado de Prensa del día 17/12/2021
Noticias relacionadas publicadas en otros medios:
65ymas.com: Pensionistas contra Escriva convocan movilizacion estatal 12 febrero
Modepen estivo na manifestación convocada pola PLATAFORMA SAF (Servizo de Atención a Dependentes no Fogar) de Galiza co apoio de diferentes Colectivos Sociais, Partidos Políticos e Sindicatos, por un CONVENIO DIGNO.
Como dicían na convocatoria: “Facemos os nosos Servizos con Persoas Dependentes con profesionalidade, responsabilidade e vocación polo que os nosos dereitos teñen que ser cumpridos.”
Levan xa DEZ ANOS sen que a Confederación de empresarios do sector teñan ningunha intención de sentarse a negociar.
Nesta entrevista Gonzalo Balo, presidente de Modepen explica os motivos da nosa presencia.

Entrevista a Gonzalo Balo, presidente de Modepen que explica os motivos da nosa presencia.
No ano 2022 as pensións perderán máis de 3 puntos de poder adquisitivo.
Valoración realizada polo noso compañeiro Xabier Pérez Dávila, economista, escritor e profesor.