MODEPEN Coruña – Mobilizacións contra as Comisións abusivas dos bancos.

O pasado 25/03/21 no MODEPEN Coruña iniciamos unha campaña de mobilizacións contra as  Comisións abusivas dos bancos, que absorben a suba anual das nosas pensións, reducindo a nosa capacidade adquisitiva.

Contra a robotización dos servizos banqueiros, que en moitos casos nos expulsan das oficinas e nos dificultan levar o control das nosas contas.

Contra o peche de oficinas bancairas que nos deixan sen servizos e obrigannos, sobre todo no mundo rural, a desprazarnos Kms, para dispor do noso diñeiro, mentras botan á rúa a traballadoras/es.

Contra os Plans Privados de Pensión e de Empresa xestionados pola banca e que detraen cotizacións sociais da S.Social a fondos especulativos.

Esiximos unha Banca Pública ao servizo da cidadania e non da banca privada, das aseguradoras e dos poderes financieiros.

NON SOMOS CLIENTES,
SOMOS USUARI@SFORZOS@S.

Sindicatos e Pensións Privadas de Emprego (EPSV).

Moi interesante análise, realizado por Juanen Elua e publicado en elDiario.es, no que se expón o paradoxo de que algúns sindicatos, que se presentan como vangarda e vertebradores da cohesión social, estean promoven plans de pensións privadas de emprego nos convenios colectivos, que supoñen avanzar na privatización do actual sistema público de pensións.

Sindicatos e Pensións Privadas de Emprego (EPSV).