
Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos

O MODEPEN CORUÑA mobilízase de novo, como todas as semanas, contra os abusos dos bancos e a privatización das pensións.

Continuando coas mobilizacións a realizar por Modepen Coruña polos barrios da cidade, en rechazo dos abusos da banca, comunicamos que a próxima concentración será ás 12h.do xoves 22 na rúa Barcelona nº 27 diante de Bankia.
INSISTIR , PERSISTIR, RESISTIR

Movilizacións de MODEPEN en Galicia o día 17.
Llamamiento a la movilización del 17 de abril de (y por) la clase trabajadora.
Nesta concentración falouse da necesidade de manternos firmes na loita para manter o sistema público de pensións e anunciamos a convocatoria da próxima xornada estatal, facendo fincapé en que estará dirixida a que se incorporen ás mobilizacións as novas xeracións.

O MODEPEN CORUÑA mobilízase de novo contra os abusos dos bancos e a privatización das pensións.
Antes pasaremos polo concello, onde nun pleno falarase deste tema, para entregar aos diferentes grupos políticos e a prensa alí asistente as nosas reivindicacións.

Concentracion de ABRIL en Ribadeo, como cada primeiro sábado de mes os pensionistas saen a rúa ,non están todos os que tiñan que estar ,pero os que nos sentimos preocupados pola situación , procuramos seguir acudindo.


O pasado 25/03/21 no MODEPEN Coruña iniciamos unha campaña de mobilizacións contra as Comisións abusivas dos bancos, que absorben a suba anual das nosas pensións, reducindo a nosa capacidade adquisitiva.
Contra a robotización dos servizos banqueiros, que en moitos casos nos expulsan das oficinas e nos dificultan levar o control das nosas contas.
Contra o peche de oficinas bancairas que nos deixan sen servizos e obrigannos, sobre todo no mundo rural, a desprazarnos Kms, para dispor do noso diñeiro, mentras botan á rúa a traballadoras/es.
Contra os Plans Privados de Pensión e de Empresa xestionados pola banca e que detraen cotizacións sociais da S.Social a fondos especulativos.
Esiximos unha Banca Pública ao servizo da cidadania e non da banca privada, das aseguradoras e dos poderes financieiros.
NON SOMOS CLIENTES,
SOMOS USUARI@SFORZOS@S.