No día de hoxe, 25 de xaneiro, realizouse unha mobilización estatal do movemento de pensionistas que tivo un amplo seguimento en todo o Estado. Aínda que por efecto da epidemia, nalgúns territorios as concentracións hanse substituido por entregas de firma ou accións nas redes sociais, a resposta foi masiva, extensa, con amplos apoios sociais e repercusión na opinión pública.