Chamamento do MODEPEN aos Sindicatos en defensa das Pensións Públicas.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións (MODEPEN) ven de remitir a todos os sindicatos galegos (CIG, CCOO, UGT, CUT, CGT, CNT, CESM, OMEGA, SATSE, PROSAGAP, …) o documento que se anexa, solicitándolles o seu apoio para construír un forte movemento social a prol da suba das misérrimas pensións mínimas actuais, pola aplicación de medidas concretas para reducir a fenda de xénero, e para opoñerse ao recorte e privatización das pensións públicas que se pretende facer a través dos chamados Plans de Pensións Privadas de Empresa. O MODEPEN pídelle a todos os sindicatos que se desmarquen da xestión deses plans de pensións privados e a que renuncien aos beneficios económicos que esa xestión lles poda proporcionar.

Escrito aos Sindicatos