Mobilización Estatal contra a Fenda de Xénero nas pensións, o 1 de marzo.

O día 1 de marzo, terán lugar mobilizacións de pensionistas en multitude de localidades do Estado Español, incluídas en moitas cidades e vilas de Galicia. As mobilizacións están convocadas polo Movemento Estatal de Pensionistas (MEP), onde conflúen máis do 90% das plataformas de pensionistas do Reino de España. A medida que se vaian concretando as mobilizacións en Galicia, iremos dando conta delas nesta páxina web, e nas redes sociais.

MOBILIZACIÓNS EN GALICIA O 1 DE MARZO

A CORUÑA: NO OBELISCO ÁS 12 HS.
BOIRO: NA RÚA PEONIL (PZ. DE ABASTOS) ÁS 12 HS.
CANGAS: DIANTE DO CONCELLO ÁS 19:30 HS.
FERROL: NA PRAZA DE SPAÑA ÁS 12 HS.
LUGO: NA PRAZA MAIOR (DIANTE DO CONCELLO) ÁS 12 HS.
RIBADEO: NO CANTÓN DOS MORENOS ÁS 12 HS.
VAL MIÑOR: NA RAMALLOSA ÁS 12 HS.
VIGO: DIANTE DO MARCO ÁS 20 HS.