O pasado 25/03/21 no MODEPEN Coruña iniciamos unha campaña de mobilizacións contra as Comisións abusivas dos bancos, que absorben a suba anual das nosas pensións, reducindo a nosa capacidade adquisitiva.
Contra a robotización dos servizos banqueiros, que en moitos casos nos expulsan das oficinas e nos dificultan levar o control das nosas contas.
Contra o peche de oficinas bancairas que nos deixan sen servizos e obrigannos, sobre todo no mundo rural, a desprazarnos Kms, para dispor do noso diñeiro, mentras botan á rúa a traballadoras/es.
Contra os Plans Privados de Pensión e de Empresa xestionados pola banca e que detraen cotizacións sociais da S.Social a fondos especulativos.
Esiximos unha Banca Pública ao servizo da cidadania e non da banca privada, das aseguradoras e dos poderes financieiros.
NON SOMOS CLIENTES,
SOMOS USUARI@SFORZOS@S.