INTERLOCUCIÓN DIRECTA DE LOS PENSIONISTAS CON LA ADMINISTRACIÓN SOBRE LA REFORMA DE LAS PENSIONES.

Como probabelmente xa saberedes, na actualidade existe un amplo espazo unitario que agrupa a maioría das organizacións de pensionistas do estado, construído non sen esforzo e con intensa participación do MODEPEN. Ese espazo unitario, amplo e plural, está constituído pola nosa propia organización, o MODEPEN, así como pola COESPE (Coordinadora Estatal de Pensionistas), o EHPM (Movemento de Pensionistas de Euskal Herria), o MADPP (Movemento Andaluz en Defensa das Pensións Públicas), Unidad-COESPE, así como por varias Plataformas Locais (Móstoles, Badaxoz, Alcoi, …). Pois ben, desde ese amplo espazo unitario, diante dos últimos acordos que o Goberno do Estado firmou con empresarios e sindicatos para a reforma das pensións, con data do 28 de xuño, diriximos un primeiro escrito ao Presidente do Goberno D. Pedro Sánchez.

Nesa primeira carta, solicitabamos que nos recibira para facerlle partícipe das nosas preocupacións ante eses acordos e o día 13 do presente mes, recibimos un escrito asinado polo Xefe do Gabinete da Presidencia no que nos informa dos acordos aos que chegaran e que, por razóns de axenda, o Presidente no nos podía recibir, desviando as nosas demandas ao Ministerio do Sr. Escrivá.

Despois de analizar conxuntamente esta resposta, que non nega a nosa lexitimidade de representación como interlocutores do movemento de pensionistas do Estado, e como manifestación de que a nosa vocación de diálogo sigue en pé, acordamos dirixirnos novamente ao Presidente, reiterándolle a necesidade de manter a entrevista que lle solicitamos e amosándolle o noso rexeitamento a ser representados por calquera outro axente social, que non sexan os propios colectivos pensionistas que levamos máis de tres anos na rúa, en defensa do sistema público de pensións, e por unas pensións públicas dignas, xustas e suficientes.

No ficheiro anexo, “210720 INTERLOCUCIÓN” van os documentos que reflicten o que vos comentamos nos parágrafos previos.

Quédanos un tempo duro por diante para o que nos estamos preparando. Espérannos convocatorias de mobilizacións locais, nacionais e estatais, nas que esperamos poder contar coa vosa presenza e colaboración, porque agora máis que nunca, é necesaria a nosa presenza nas rúas e prazas das nosas vilas e cidades.