Valoración de Modepen do 04-04-2022 da tramitación parlamentaria da LRIPPE

Achegamos a valoración de Modepen do 04-04-2022 da tramitación parlamentaria da LRIPPE (Lei de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego), unha lei que, de aprobarse, significará o inicio do proceso de privatización do sistema público de pensións.

En resume, no comunicado constatamos que, grazas en boa medida ás nosas mobilizacións, presentáronse importantes emendas de fondo ao Proxecto de Lei. Por unha banda, ERC, co apoio do BNG, Compromís, Máis País, Bildu e CUP, van contra a liña de flotación da estratexia da Lei e, por outra, tamén Unidas Podemos presentou un conxunto de emendas entre as cales a número 5 propón non permitir o desvío de fondos da Seguridade Social cara aos fondos privados.

Diante destas emendas, na boa liña, debemos redobrar a nosa mobilización e evitar que o sector máis neoliberal do PSOE busque outros apoios parlamentarios. Por iso imos manter a loita pensionista unitaria, e nese camiño, o vindeiro mércores, en Madrid, os movementos de pensionistas que constituímos a Unidade de Acción Pensionista, entre eles o MODEPEN, estaremos cos deputados críticos co proxecto de Lei para dar unha mensaxe clara de unidade e vontade de mobilización.

E o máis axiña posíbel, organizaremos co resto do movemento estatal de pensionista unha grande
mobilización unitaria, esixindo a retirada do proxecto de Lei.

Ver o documento completo nesta ligazón.