Achegamos o Documento asinado conxuntamente por diferentes plataformas e movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado acordando convocar unha mobilización unitaria conxunta, ampla e contundente na semana en que se debata o Proxecto de Lei no Congreso.
– Porque é un PL que se quere sacar adiante menosprezando as mobilizacións de pensionistas e a posición contraria ao PL de partidos como ERC, EHBildu, Mais País, BNG, CUP, Compromis que presentaron no seu día unha emenda á totalidade do proxecto.
– Porque é un proxecto que empobrece as pensións públicas e abre a porta á súa privatización, supoñendo un impulso aos plans privados de pensións de emprego ou empresa que só benefician ás grandes entidades financeiras privadas, que verán aumentar o seu negocio en miles de millóns de euros.
No documento tamén se rexeita, sen paliativos, o recente pre-acordo de convenio da construción a nivel estatal, asinado pola representación de CCOO e UXT (sem consultar nin informar á súa propia afiliación), no que se acorda promover un plan de emprego de pensións ao amparo deste PL, que nin sequera tivo aínda a opción de ser emendado.