Os fondos de pensións privados desínflanse e erosionan a xubilación de tres millóns de aforradores.

A noticia non pode ser máis demoledora: “Os fondos de pensións privados desínflanse e erosionan a xubilación de tres millóns de aforradores”: Cando lemos o artigo, comprobamos que non é unha esaxeración.

A causa principal é unha decisión política, a diminución dos beneficios fiscais que favorecían aos traballadores que “investían na súa propia pensión”. Uns beneficios fiscais que, por certo, pagamos entre todos (son ingresos que non recibe o estado) e que benefician aos que poden pagar estes plans (lembremos que o 10% dos traballadores con ingresos máis altos fan o 50% das achegas).

Pero non é só a caída dos beneficios fiscais (que está levando a moitos partícipes a cambiar estes fondos privados por adquisición de vivendas para alugar, como explica o artigo). Tamén está a perda de rendibilidade polo “pinchazo xeneralizados das bolsas” (en resume: É o mercado, amigo!)

Dirannos que a caída da rendibilidade forma parte da transición entre os fondos individuais e os de empresa previstos na Reforma Escrivá. Pero o problema de base segue a ser o mesmo, a dependencia financeira duns fondos privados que deixarán de ser un dereito garantido polo estado a depender do vai-vén dos mercados ou de “decisións políticas” (lembremos quen pagou o “rescate bancario”) quedando, para os traballadores que non dean entrado, a “pensión de toda a vida” que, por ser residual, pode reducirse cada vez máis.

Contra esta mercantilización temos que defender as pensións como o que son: Un dereito a unha vellez digna.

Ligazón a o artigo de Público.es

Para máis información sobre os plans de pensións privados na reforma Escrivá, recomendamos este artigo do noso compañeiro Xabier Pérez Davila en Infolibre. Ligazón a o artigo de Infolibre.es

Este artigo publicouse tamén nesta páxina de MODEPEN. Ligazón ao artigo.