Na concentración que adoita ter a Plataforma de Modepen en Ribadeo os primeiros sábados de mes o noso compañeiro Evaristo Lombardero Rico fixo un balance deste ano de loitas.
Dese cumprido balance saíron as páxinas que achegamos e que consideramos moi interesantes como referente tanto do que pasou neste ano no que pasaron tantas cousas, como pola perspectiva que nos ofrece dos traballos e reivindicacións que nos debemos marcar para o futuro inmediato.
Porque no 2022 afrontamos grandes retos: Unha grave crise social e política. Unha crise de unidade, hoxe mellor encamiñada, dentro do noso movemento. Unha reforma en profundidade do ministro Escrivá á que había que dar resposta, con éxitos reais, por certo, pero aínda non totais.
E entre os asuntos que aínda seguen pendentes cómpre mencionar especialmente a Auditoría das Contas da Seguridade Social, que xa debería estar feitas segundo a lei, ou a pretensión de Aumentar o período de computo para o cálculo das pensións. Sen esquecernos da suba, real, das pensións de acordo coa inflación, a eliminación da brecha de xénero, o non a privatización dos Plans de Empresa… ou do Dereito á Saúde e a Educación Publicas e de calidade, á un parque público de vivendas de alugueiro…
En calquera caso unhas páxinas que cómpre ler.