As plataformas e movementos de pensionistas e as organizacións sindicais que subscriben este comunicado, pertencentes a diferentes pobos da UE, valoramos positivamente o encontro realizado en Bilbao (Euskal Herria) e facemos pública a nosa determinación de facer fronte de maneira compartida ás reformas dos sistemas de pensións que se están impondo tanto desde as directivas e recomendacións da Comisión Europea como desde os Estados.
Aínda que a situación dos sistemas de pensións nos diferentes pobos europeos non é homoxénea, coincidimos en que as reformas que se están impondo en relación coas pensións e os sistemas públicos de repartición caracterízanse polos seguintes elementos:
- Redución progresiva das prestacións dos sistemas públicos de pensións (SPP), consecuencia tanto da perda do poder adquisitivo dos salarios e o aumento da precarización do emprego como das reformas lexislativas que elevan a idade necesaria para acceder á xubilación, aumentan os períodos de cálculo das pensións, introducen factores chamados de sustenibilidade que reducen as pensións iniciais, etc.
- Establecemento de pensións mínimas moi insuficientes cada vez máis desvinculadas dos salarios mínimos en vigor en cada Estado. Salarios mínimos que incumpren a recente Directiva da Unión Europea 2022/2041, xa de por si pouco exixente.
- Perpetuación da brecha de xénero, que se sitúa entre o 30% e 40% debido á escasa envergadura das medidas adoptadas para eliminala.
- Redución da taxa de reemprazo das pensións e aumento das variaxes fiscais e de cotizacións sociais para promocionar as pensións privadas.
- Cada vez maior número de pensionistas en Europa ven como as súas condicións de vida empeoran e vese obrigados a complementar a súa pensión prolongando a súa vida laboral en precariedade.
- En definitiva, a voracidade neoliberal para incrementar os beneficios empresariais acentúa o desigual reparto da riqueza producida por traballadoras e traballadores, base do denominado estado de benestar, incrementando os prezos de mercadorías e servizos, reducindo salarios e pensións e utilizando recursos públicos para mellorar a súa conta de resultados.
Tralos debates mantidos no encontro, demandamos:
1.- Derrogar os aspectos regresivos das reformas que recortan os nosos dereitos e pensións e de maneira especial o aumento dos anos necesarios para acceder á xubilación, a perda do poder adquisitivo das pensións e o empeoramento das condicións para acceder á porcentaxe máxima posible da pensión.
2.- Garantir o SPP de repartición e ingresos suficientes en cada un dos pobos europeos que lles permitan ás persoas pensionistas acceder a unhas condicións de vida dignas e aumentar as taxas de remprazo entre salario e pensión, especialmente dos salarios máis baixos, que en xeral van asociados a traballos máis penosos e insalubres e, con iso, de menor esperanza media de vida e peor saúde.
3.- Medidas efectivas para eliminar a brecha de xénero en salarios e pensións, tanto no ámbito laboral, como o da protección social e de pensións.
Creación dun programa efectivo para conseguir a equidade de xénero nas pensións.
Aínda que a equidade de xénero é un dos principios fundamentais da UE e o principio de igualdade de remuneración polo mesmo traballo introduciuse hai máis de 60 anos, en 2019 a brecha en pensións na UE era do 29,4%. A pobreza e a exclusión social é maioritariamente feminina: segundo Eurostat hai 64,6 millóns de mulleres e 57,6 millóns de homes en situación de pobreza.
O risco de pobreza e exclusión social en 2020 era do 22,9% entre as mulleres e do 20,9% entre os homes. Cómpre o efectivo cumprimento da Resolución do Parlamento Europeo do 5 de Xullo de 2022 sobre a pobreza das mulleres en Europa que reclama á Comisión Europea e os Estados membros un programa de actuación para 2030 con obxectivos concretos para loitar contra a brecha de xénero.
É inaceptable que as novas normas de trasparencia salarial como a de marzo de 2023 ou a resolución sobre a estratexia da UE para a igualdade de xénero de xaneiro de 2021, ou a exixencia dos deputados para abordar o problema das pensións máis baixas para as mulleres estean tendo un efecto inapreciable para reducir a brecha de xénero pola inacción da CE á que van dirixidas estas demandas.
4.- Incorporar o dereito a pensións públicas decentes e aos SPP de repartición como dereito fundamental na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.
5.- Incorporar na Carta Social Europea revisada (CSEr), o dereito a unha pensión pública mínima cos criterios de suficiencia marcados para o SMI e concretándoa polo menos no 60% do salario medio.
6.- Reforzar a obrigatoriedade para os Estados do cumprimento do establecido no artigo. 12 da Carta Social Europea (revisada) de 1996 respecto a “manter o réxime de Seguridade Social a un nivel satisfactorio, igual polo menos que o que cómpre para a ratificación da Convención internacional do traballo nº 102”, e no artigo 23 referido ao dereito das persoas de idade avanzada a protección social.
7.- Derrogación do Regulamento europeo 2019/1938 que regula os (PEPP) plans paneuropeos de pensións individuais privadas, para desenvolver as cales a Comisión Europea propuxo que os Estados lle apliquen o mesmo trato fiscal que aos produtos estatais xa existentes e iso, aínda que os PEPP non cumpran os criterios estatais de desgravación fiscal.
O obxectivo da CE (Comisión Europea), da man do BCE (Banco Central Europeo) pretende mediante os incentivos fiscais aumentar os activos xestionados no mercado financeiro das pensións individuais desde os 0,7 billóns de euros no 2018 a 2,1 billóns en 2030.
8.- Demandamos ás institucións europeas plans concretos para impulsar políticas eficaces de repartición equitativa da riqueza, creación de emprego de calidade e pensións decentes nos diferentes pobos europeos e valorar o seu desenvolvemento de maneira positiva para acceder aos fondos europeos.
9.- Xerar unha oposición frontal ás reformas que se están lexislando contrarias ao fortalecemento dos SPP de repartición.
Desenvolver unha oposición frontal ás reformas que se están lexislando contrarias ao fortalecemento do SPP de repartición en cada un dos pobos europeos.
O sistema de pensións de repartición e solidariedade entre xeracións debe ser eixe central dun esquema de protección social para as traballadoras e os traballadores que finalizaron a súa etapa laboral.
10.- Demandamos o acceso a pensións decentes ás persoas que non teñen a nacionalidade de ningún Estado membro da Unión Europea aos cales, ao non terse recoñecido os permisos de residencia e de traballo, traballan na economía somerxida, con condicións laborais e salariais moi precarias e inferiores ás legais en vigor en cada Estado. Esiximos a súa regularización inmediata. Así mesmo, débeselles garantir a liberdade de circulación para que se lles aplique a totalización das cotizacións se traballaron en varios Estados membros.
11.- Por todas estas razóns facemos un chamamento que se vai realizar unha mobilización compartida no conxunto dos pobos da UE, que se concretará nos próximos meses.
Estas demandas serán presentadas ao Parlamento Europeo, a Comisión e os distintos parlamentos dos pobos europeos para o seu cumprimento efectivo.
Como demostran as loitas que nos últimos anos fixemos desenvolvido e seguimos realizando como persoas pensionistas e traballadoras, a mobilización consegue resultados e é a mellor garantía para conseguir os nosos obxectivos.
Este é un comunicado aberto á adhesión de cantas organizacións de pensionistas e sindicatos europeos o queiran subscribir, entre todas e todos conseguiremos reverter os recortes e ameazas das pensións públicas e os sistemas públicos de repartición.
Os nosos dereitos non caducan coa idade.
Esta batalla la vamos a ganar.
Bilbao (Euskal Herria) 24 de Maio de 2024
Asinantes: