Comunicado de Unidade de Acción pensionista estatal, contra o intento de privatización do Sistema Público de Pensións mediante a inclusión dos PPEs ( Plans de pensións de Emprego) na negociación colectiva.
31 de xullo 2024
Como viñemos denunciando desde as organizacións de pensionistas dos Pobos e comunidades do Estado, eses plans supoñen unha porta aberta á privatización das pensións públicas, que agora se pretenden estender aos convenios colectivos de diversos sectores laborais.
No mes de xullo do pasado ano 2023 asinouse o Convenio Colectivo estatal da construción, por parte da patronal CNC e os sindicatos CCOO e UXT, onde se pactou que parte dos incrementos salariais das e os traballadores fosen desviados cara aos chamados “plans de pensións de emprego” (PPEs), promocionados polo anterior ministro Escrivá a través da lei 12/2022.
Que son os PPEs?
1. Os PPEs son produtos financeiros (“de pensións” non teñen máis que o nome) de capitalización individual, onde o único seguro é o beneficio das entidades financeiras que os xestionan.
2. Agora ben, os PPEs están “incentivados” con diñeiro público (que pagamos toda a sociedade):
– Con rebaixas das cotizacións sociais para os empresarios (menos salario indirecto das persoas traballadoras, menos ingresos da caixa da Seguridade Social).
– Con beneficios fiscais, para os titulares, ou as rebaixas no Imposto de Sociedades das empresas.
3. Os PPEs nútrense exclusivamente con diñeiro dos e as traballadoras:
– Con parte dos incrementos salariais pactados en convenio, que deberían ir ás nóminas das persoas traballadoras.
– Con achegas adicionais das e dos traballadores titulares.
– Na práctica, os empresarios non achegan nada aos PPEs, e soamente benefícianse das rebaixas dos impostos e das cotizacións que deixan de pagar.
4. Por tanto, os PPEs son meros plans de aforro individuais, que pola súa escasa dotación non cobren, nin de lonxe, o obxectivo de poder disfrutalos como pensión. (Entre 400 e 500 euros anuais de media no sector da construción).
Por que nos opoñemos aos PPEs?
• Porque supón o desvío de cotizacións da Seguridade Social, cara ao beneficio privado, debilitando dese xeito as pensións públicas.
• Porque se tentan xustificar coa falacia de que “as contas da Seguridade Social son insostibles”, mentres xa hai dous anos que o goberno está a incumprir a Lei que lle obriga a facer unha Auditoría desas contas, onde se demostraría a solidez do Sistema Público de Pensións.
• Porque é un intento de dividir aínda máis á clase traballadora, entre as persoas que teñan eses PPEs, e as que non teñan (e que quizá nin sequera teñan convenio colectivo).
• Porque o Sistema Público de repartición é o único que pode garantir a solidariedade, que todas as persoas traballadoras teñan pensións públicas suficientes, e que se mellore a seguridade social e a súa cobertura universal.
Por todo iso,
– INSTAMOS AOS SINDICATOS QUE SE NEGUEN A ASINAR CONVENIOS COLECTIVOS QUE INCLÚAN OS PPs.
– CHAMAMOS A TODAS AS PERSOAS TRABALLADORAS, DE CALQUERA IDADE, A DEFENDER O SEU DEREITO A UNHA PENSIÓN DIGNA E SUFICIENTE DO SISTEMA PÚBLICO.
Goberne quen goberne, as pensións públicas
e os dereitos deféndense!
ASJUBI40 (Asociación Jubilación Anticipada sin Penalizar)
COESPE (Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones)
EHPM (Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria)
MADPP (Movimiento Andaluz por la Defensa de las Pensiones Públicas)
MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos)
UNIDAD COESPE (Coordinadora Estatal de Pensionistas)
PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Badajoz, Móstoles…