AS PENSIÓNS PÚBLICAS DIGNAS NON SON UN GASTO, NIN UN PRIVILEXIO.
SON UN DEREITO DAS PERSOAS
Comenzamos o ano 2022 sendo un 3% máis pobres pois o incremento do IPC Real foi do 5% e o IPC Medio ( a suba das pensións) foi de 2,5%.
As previsións para o ano 2023 non son millores. Nas últimas declaracións o ministro Escribá anunció que a suba das pensións para o ano 2023 será do 8 %, cando no mes de xullo, debido a suba dos precios dos alimentos e da electricidade, o IPC interanual xa foi do 10,8%.
Se temos en conta que a metade das/os s pensionistas de Galicia sobrevive con menos de 780€ al mes, das cales o 10% (67.000 persona ) non chega a 500 €, e que as contías recibidas polas mulleres son 32% inferior ás dos homes, entenderemos que a vida non nos vai ser doada.
Ante esta situación MODEPEN( Movemento Galego en defensa das Pensión e Servicios Sociais públicos) saimos a rúa e facemos un chamamento a tódala cidadanía para defender unhas pensións públicas, e unhas condicións de traballo dignas.
EXIXIMOS ao goberno e aos partidos políticos con representación no Parlamento español que traballen para:
• Garantir que non exista ningunha pensión por debaixo do umbral da pobreza
• Garantir por lei a suba das pensións e salarios acordes ao “IPC real”,e non co chamado “IPC Medio”, (a media dos IPC dos 12 meses do ano) pois esto supón rebaixar as pensións e reducir o poder adquisitivo dos pensionistas.
• Eliminar a fenda de Xénero nas pensións e nos salarios.
• Eliminar os Plans de Pensións de empresa, pois son o inicio da privatización das pensións.
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.