O Movemento de Pensionista chama á mobilización contra o Proxecto de Lei para o Fomento dos Plans de Pensións de Emprego e esixindo a súa retirada.
Goberno de España, deixen de esfollar margaridas buscando apoios e retiren el Proxecto de Lei para o fomento de los plans de pensións privadas de empreo.
Plataformas e movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado, chamamos a mobilizarnos diante da confusa tramitación do Proxecto de Lei para o Fomento dos Plans de Pensións de Emprego e esixindo a súa retirada.
Estamos a facelo habitualmente nas mobilizacións periódicas que organizamos (semanais, mensuais, …) e acordamos unha mobilización unitaria conxunta, ampla e contundente na semana en que se debata o Proxecto de Lei no Congreso.
Este é un Proxecto de Lei ( PL) que nunca debería ser aprobado polo Goberno do PSOE e Podemos e, tal como esiximos de maneira reiterada, debe ser retirado antes da súa aprobación definitiva no Congreso.
É un PL rexeitado pola ampla maioría das persoas pensionistas, que mostramos o noso rexeitamento na rúa de maneira continuada, e é rexeitado polos partidos de esquerda que sosteñen co seu apoio no Parlamento ao Goberno. As idas e vindas nas reunións tanto do Relatorio como na Comisión así o demostran.
É un PL que se quere sacar adiante menosprezando as mobilizacións pensionistas e a posición contraria ao PL de partidos como ERC, EHBildu, Mais País, BNG, CUP, Compromis que presentaron no seu día unha emenda á totalidade do proxecto.
É un proxecto que empobrece as pensións públicas e abre a porta á súa privatización. Á vez que se recorta o Sistema Público de Pensións (SPP), que é garantía dunhas prestacións mínimas para todas as persoas traballadoras e supón un elemento de equilibrio das desigualdades sociais nos anos da xubilación. Con este impulso aos plans privados de pensións de emprego ou empresa, só obteñen beneficio as grandes entidades financeiras privadas, que verán aumentar o seu negocio en miles de millóns de euros.
Entregarase unha parte das achegas sociais, a un sistema privado individualista de capitalización.
É a hora de dar carpetazo a un PL que nunca debería ver a luz; é a hora de facer unha aposta moito máis decidida por garantir unhas pensións públicas dignas, xustas e suficientes e mirar polo interese xeral de traballadoras e traballadores.
Neste contexto no que tanto na rúa como no Parlamento está a tratarse de deixar sen efecto este PL, rexeitamos sen paliativos o recente preacordo de convenio da construción a nivel estatal, asinado pola representación de CCOO e UXT (sen consultar nin informar á súa propia afiliación), no que se acorda promover un plan de emprego de pensións ao amparo deste PL, que nin sequera tivo aínda a opción de ser emendado. A firma deste preacordo de convenio da construción, é un cheque en branco para os intereses financeiros que están detrás da privatización do Sistema Público de Pensións.
Lamentablemente, temos que dicir que nin o Goberno do Estado nin os sindicatos CCOO e UXT están á altura das demandas sociais e de traballadoras e traballadores.
Sres. e Sras. do Goberno, non insistan máis, o seu Proxecto de Lei de fomento dos plans de emprego é un fracaso como ferramenta para mellorar o Sistema Público de Pensións e un obstáculo para consolidar estratexias políticas compartidas en defensa dos dereitos fundamentais da cidadanía.
Por iso, desde as organizacións pensionistas esiximos:
- Ao goberno: Retiren o PL en trámite parlamentario!,
- Aos dirixentes sindicais de CCOO e UXT: Non asinen convenios colectivos que inclúan Plans de Pensións Privada de Emprego!, Non contribúan á privatización do SPP!.
De non ser así conten co rexeitamento dos movementos de pensionistas abaixo asinantes e sen dúbida do conxunto de pensionistas dos Pobos e Comunidades do Estado.
A mobilización é a nosa garantía!
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS PÚBLICAS DEFÉNDENSE!
- ASJUBI40: Asociación Xubilación Anticipada sen penalizar
- COESPE: Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións
- EHPM- MPEH: Movemento de Pensionistas de Euskal Herria
- MADPP: Movemento Andaluz en Defensa das Pensións Públicas
- MODEPEN: Movemento Galego en Defensa dás Pensións e os Servizos Públicos.
- UNIDADE- COESPE
- Plataformas de Pensionistas de Badaxoz e Móstoles