Concentración na Coruña: Xoves, 3 de Febreiro

Febreiro 3, 2022 | 11:00 am
Praza de Lugo, A Coruña, Galiza

COMENZAREMOS O ANO SENDO 3% MÁIS POBRES.

Suba das pensións, alimentos e bens de consumo a finais de decembro de 2021 respeto a decembro de 2020, según o INE.

  • • Pensións contributivas ……………………….. 2,5%
  • • Pensións mínimas e non contributivas…….    3%
  • • Aceite …………………………………………………….   25,8%.
  • • Pasta………………………………………….………….   15,2%
  • • Legumes e hortalizas frescas……………..……… 6,6%
  • • Froita ……………………………………………….……..     6,8%
  • • Leite ……………………………………………………….      5 %
  • • Pan …………………………………………………..…….      3,8%
  • • Ternera …………………………………………………….   3,9%
  • • Polo ………………………………………………………..      7,0%
  • • Peixe fresco ………………………………………..…..    6,6%
  • • Electricidade, gas … ……………………………….    56,5%

O Congreso dos Deputados aprobou o pasado 2 de decembro a Reforma das pensións. Un dos puntos fundamentais de dita reforma é a de garantir a capacidade adquisitiva das pensións actualizándoas anualmente según o IPC.

O goberno xa anunciou que este ano, 2022, as pensións contributivas subirán un 2,5 % ( IPC medio anual) e as mínima un 3%, cantidades que non se corresponden co IPC real acumulado que, según o INE, é de un 5,5% polo que empezamos o ano sendo un 3% e 2,5% máis pobres.

Ante esta realidade seguiremos na rúa.

EXIXINDO O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO DAS PENSIÓNS MEDIDO POLO IPC REAL, E A SUBA DAS PENSIÓNS MÍNIMAS.

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS DEFÉNDENSE