Desde MODEPEN Vigo decidimos poñer en marcha unha axuda aos servizos dixitais, destinado a todas aquelas persoas (pensionistas, xubilados) que o necesiten.
Esta axuda prestarémola cada quince días, un luns pola mañá, de 10 h. a 12:30 h. no local da rúa Pizarro nº 6, local A Nubeira, e será gratuita.
Os primeiros días serán os luns día 13 eo día 27 de Outubro.
Temas que atenderemos:
• Obtención correo electrónico (necesario para recibir comunicacións)
• Axuda citas previas Internet Organismos Oficiais
• Axuda trámites Internet
• Dúbidas uso móbiles e tablets
I
Identificación e firma dixital:
• Xunta Galicia
◦ Chave365 – https://www.xunta.gal/chave365/que-e
◦ App Sergas Móbil
▪ Citas Médicas e Historial Médico
◦ App Xunta Eu
▪ Trámites coa Xunta
• DNI Electrónico
◦ Indentificacion e-DNI
◦ CLAVE (Nacional) – https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/ClaveIdElectronica
◦ Certificado Dixital FNMT – https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica