Texto conxunto apoiado pola grande maioría das organizacións de pensionistas do estado: MODEPEN, MADPP, COESPE-Oficial, Unidade-COESPE, as Coordinadoras de Pensionistas Euskal Herria, de Cantabria, e moitas outras plataformas locais de pensionistas.
Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos
Texto conxunto apoiado pola grande maioría das organizacións de pensionistas do estado: MODEPEN, MADPP, COESPE-Oficial, Unidade-COESPE, as Coordinadoras de Pensionistas Euskal Herria, de Cantabria, e moitas outras plataformas locais de pensionistas.
Moi interesante artigo no que a COESPE-Oficial analiza a situación europea, concluíndo que nela está aberta unha guerra asimétrica contra os pensionistas, contra a clase traballadora, a mocidade, contra os pobos, coa mesma intención de fondo, acabar coas pensións e os servizos públicos.
COESPE-Impulsar la resistencia en toda Europa frente a los planes de la Comision Europea y del BCE
O colectivo “Comando polo Público”, no que participa a nosa compañeira Julia Castillo, a cabalo entre Oleiros e Madrid, ven de publicar un vídeo moi interesante chamando as xeracións máis novas a que defendan o Estado de Benestar baseado nas pensións e os servizos públicos.
O Movemento Galego en Defensa das Pensións (MODEPEN) ven de remitir a todos os sindicatos galegos (CIG, CCOO, UGT, CUT, CGT, CNT, CESM, OMEGA, SATSE, PROSAGAP, …) o documento que se anexa, solicitándolles o seu apoio para construír un forte movemento social a prol da suba das misérrimas pensións mínimas actuais, pola aplicación de medidas concretas para reducir a fenda de xénero, e para opoñerse ao recorte e privatización das pensións públicas que se pretende facer a través dos chamados Plans de Pensións Privadas de Empresa. O MODEPEN pídelle a todos os sindicatos que se desmarquen da xestión deses plans de pensións privados e a que renuncien aos beneficios económicos que esa xestión lles poda proporcionar.
No día de hoxe, 25 de xaneiro, realizouse unha mobilización estatal do movemento de pensionistas que tivo un amplo seguimento en todo o Estado. Aínda que por efecto da epidemia, nalgúns territorios as concentracións hanse substituido por entregas de firma ou accións nas redes sociais, a resposta foi masiva, extensa, con amplos apoios sociais e repercusión na opinión pública.
Consultar na Axenda para ver as concentracións en detalle.
MANIFESTO CONXUNTO DOS MOVEMENTOS SOCIAIS DE PENSIONISTAS EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS