AS PRINCIPAIS ORGANIZACIÓNS DO MOVEMENTO PENSIONISTA DO ESTADO ESPAÑOL, IMPULSAN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS

AS PRINCIPAIS ORGANIZACIÓNS
DO MOVEMENTO PENSIONISTA DO ESTADO ESPAÑOL,
IMPULSAN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS
EN FAVOR DAS PENSI0NES PÚBLICAS DIGNAS,
E CONTRA AS REFORMAS
QUE SUPOÑEN O SEU EMPOBRECEMENTO E PRIVATIZACIÓN

INSTAN ÁS E AOS TRABALLADORES A APOIALA E DIFUNDILA
NOS CENTROS DE TRABALLO, NOS BARRIOS, NOS POBOS E NOS
ENTORNOS SOCIAIS E FAMILIARES

As organizacións de pensionistas abaixo relacionadas, dos diferentes territorios e pobos do
Estado español, queren alertar ás xentes traballadoras e á opinión pública do grave risco que
corre o Sistema Público de Pensións e, nese sentido, da ameaza que supoñen, para as actuais
pensións e tamén para as pensións futuras, as reformas que se están implementando para
empobrecer e privatizar as pensións públicas, todo ilo a vontade dos poderes financeiros e a
banca.

Para iso puxeron en marcha unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS (nas catro linguas do
Estado), nunha dobre modalidade:

1. Unha campaña física, en concentracións, mesas nas rúas, barrios e pobos
(especialmente os “luns ao Sol”).

2. Unha campaña telemática, a través da plataforma Change.org,, coas ligazóns
Galego_https://www.change.org/p/pensi%C3%B3ns-p%C3%BAblicas-dignas-ninrecortes- nin-privatizaci%C3%B3nshttps://www.change.org/p/pensi%C3%B3ns-p%C3%BAblicas-dignas-nin-recortes-nin-privatizaci%C3%B3ns
Eúscaro_ https://www.change.org/p/pentsio-publikoak-defenda-ditzagun
Català_ https://www.change.org/p/pensions-p%C3%BAbliques-dignes-ni-retallades-ni-privatitzacions
Castelánchange.org/stopprivatizacionpensiones

As firmas recollidas, físicas ou telemáticas, serán entregadas ao Congreso dos
Deputados, na gran mobilización do 15 de Outubro de 2022 en Madrid.

PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN

Promoven:
ASJUBI40, Asociación Jubilación Anticipada sin Penalizar, COESPE, Coordinadora Estatal por la
Defensa del Sistema Público de Pensiones, EHPM, Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria,
MADPP, Movimiento Andaluz en Defensa de las Pensións Públicas, MODEPEN, Movemento
Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos, UNIDAD COESPE e as PLATAFORMAS DE
PENSIONISTAS de Badajoz e Móstoles.

Mobilización en Madrid o día 15 de Outubro: Pola recuperación do poder adquisitivo de pensións e salarios.

Mobilización en Madrid o día 15 de Outubro.

Pola recuperación do poder adquisitivo de pensións e salarios.

Comunicado dos grupos da Unidade de Acción.

¡¡Goberne quen goberne, as pensións e os dereitos deféndense!!

¡¡O 15 de outubro todos en Madrid !!

ASJUBI40 (Asociación Jubilación Anticipada sin Penalizar),
COESPE (Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones),
EHPM (Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria),
MADPP (Movimiento Andaluz en Defensa de las Pensións Públicas),
MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos),
UNIDAD COESPE,
PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Badajoz, Móstoles …

O Movemento de Pensionista chama á mobilización contra o Proxecto de Lei para o Fomento dos Plans de Pensións de Emprego e esixindo a súa retirada.

Achegamos o Documento asinado conxuntamente por diferentes plataformas e movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado acordando convocar unha mobilización unitaria conxunta, ampla e contundente na semana en que se debata o Proxecto de Lei no Congreso.

– Porque é un PL que se quere sacar adiante menosprezando as mobilizacións de pensionistas e a posición contraria ao PL de partidos como ERC, EHBildu, Mais País, BNG, CUP, Compromis que presentaron no seu día unha emenda á totalidade do proxecto.

– Porque é un proxecto que empobrece as pensións públicas e abre a porta á súa privatización, supoñendo un impulso aos plans privados de pensións de emprego ou empresa que só benefician ás grandes entidades financeiras privadas, que verán aumentar o seu negocio en miles de millóns de euros.

No documento tamén se rexeita, sen paliativos, o recente pre-acordo de convenio da construción a nivel estatal, asinado pola representación de CCOO e UXT (sem consultar nin informar á súa propia afiliación), no que se acorda promover un plan de emprego de pensións ao amparo deste PL, que nin sequera tivo aínda a opción de ser emendado.

Ver o documento aquí.

Xabier Pérez Davila: Privatización de las pensiones públicas: Escrivá dirige un asalto decisivo

Estes días estase tramitando no congreso dos deputados o proxecto de “Lei de Regulación para o Impulso dos Plans de Pensións de Emprego” (LRIPPE) ao que, como sabedes, opoñémonos. Para explicar as causas desta oposición recomendamos a lectura deste moi didáctico e documentado artigo do noso compañeiro Xabier Pérez Davila.

No artigo explica, entre outras cousas, que son as Entidades de Previsión Social Voluntaria de Euskadi (EPSV) que menciona Escrivá como modelo. Enmarca este Proxecto de lei nun novo proceso de privatización do público referido ao sector das pensións (con dúas vías: diminuíndo as achegas da empresa á Seguridade Social e mediante desgravacións fiscais do IRPF). Ou Desmonta a falacia de que o obxectivo destas entidades financeiramente reforzadas sexa realizar investimentos socialmente uteis.

Un artigo moi recomendábel:  Ligazón ao artigo.

Comparecencia do 06-04-2022 dos Movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado demandando o rexeitamento do proxecto de “Lei de Regulación para o Impulso dos Plans de Pensións de Emprego” (LRIPPE)

Hoxe 6 de abril os movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado fixemos chegar a nosa proposta aos grupos do Congreso. Contamos coa presenza na concentración dos partidos que compartiron a nosa demanda de retirada do Proxecto de Lei e comparten a necesidade de deixalo sen efecto no trámite parlamentario. Estiveron presentes e interviron, despois dos movementos de pensionistas convocantes, ERC, EHBildu, Compromís, CUP, Más País, BNG e Unidos Podemos.

-Comunicado de prensa de Modepen

-Posicionamiento compartido de plataformas y movimientos de pensionistas de los diferentes Pueblos y Comunidades del Estado

-Emendas ERC co apoio do BNG, Compromís, Máis País, Bildu e CUP

-Emendas UP

Video Fotos de la concentracion en Madrid el 6 de Abril de 2022

Intervencións dos portavoces:

Video 01 – Intervencion de Gonzalo Balo, presidente de Modepen

Video 02 – Intervención de Isabel Franco, de Unidas Podemos

Video 03 – Intervencion Ramon Franquesa, Portavoz de Coespe Oficial

Video 04 – Madrid 20220406

Video 05 Madrid 20220406

Video 06 Madrid 20220406

Valoración de Modepen do 04-04-2022 da tramitación parlamentaria da LRIPPE

Achegamos a valoración de Modepen do 04-04-2022 da tramitación parlamentaria da LRIPPE (Lei de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego), unha lei que, de aprobarse, significará o inicio do proceso de privatización do sistema público de pensións.

En resume, no comunicado constatamos que, grazas en boa medida ás nosas mobilizacións, presentáronse importantes emendas de fondo ao Proxecto de Lei. Por unha banda, ERC, co apoio do BNG, Compromís, Máis País, Bildu e CUP, van contra a liña de flotación da estratexia da Lei e, por outra, tamén Unidas Podemos presentou un conxunto de emendas entre as cales a número 5 propón non permitir o desvío de fondos da Seguridade Social cara aos fondos privados.

Diante destas emendas, na boa liña, debemos redobrar a nosa mobilización e evitar que o sector máis neoliberal do PSOE busque outros apoios parlamentarios. Por iso imos manter a loita pensionista unitaria, e nese camiño, o vindeiro mércores, en Madrid, os movementos de pensionistas que constituímos a Unidade de Acción Pensionista, entre eles o MODEPEN, estaremos cos deputados críticos co proxecto de Lei para dar unha mensaxe clara de unidade e vontade de mobilización.

E o máis axiña posíbel, organizaremos co resto do movemento estatal de pensionista unha grande
mobilización unitaria, esixindo a retirada do proxecto de Lei.

Ver o documento completo nesta ligazón.