A auditoría da Seguridade Social e a inflación entre os obxectivos dos pensionistas cara ao 15 de outubro.

Artigo publicado en “65ymás” con información sobre a manifestación do 15 de outubro: Destácase a auditoría da Seguridade Social e a inflación.

1. A auditoría da Seguridade Social é unha reclamación histórica dos pensionistas, recollida por fin na Lei 21/2021, do 28 de decembro, mais aínda pendente. “Entre 1989 e 2013 España gastou máis de 103.690 millóns que pertencían á hucha das pensións noutras cuestións. Foi unha práctica aparentemente legal pero incorrecta, que fixo desaparecer os excedente de cotización ese colchón tan necesario para épocas de crise”. Queremos saber a verdade sobre o tan cacarexado “déficit do sistema”.

2. Outro obxectivo resaltado é a inflación: Como din os compañeiros de Andalucía (MADPP) O novo mantra é que actualizar as pensións en función do IPC non é posible porque aumentaría a inflación e produciría máis déficit e máis débeda pública. Saben que menten, porque as pensións non afectan ás contas das empresas aumentando os seus gastos que “xustificarían” unha suba de prezos. Ademais, as pensións contributivas páganse coas cotizacións dos traballadores. Non se pagan con impostos e non producen déficit”.

Esta manifestación non vai ser o punto final das mobilizacións e xa estamos preparando mobilizacións para novembro. E seguiremos ata conseguir reverter as contrarreformas que nos están impondo. Como din os convocantes: “Ata acabar coa brecha de xénero en salarios e pensións, recuperar os dereitos perdidos nas sucesivas reformas das pensións, xerar un reparto equitativo da riqueza e mellorar e garantir servizos públicos e comunitarios universais de calidade.”

Unhas mobilizacións para as que estamos quentando motores. En Vigo, Ribadeo, Val Miñor, A Coruña… ou, o vindeiro 10 de setembro, Ferrol, etc.

Ligazón a o artigo de “65ymas”

A reforma das pensións entra na súa última fase.

O Diario.es (xornal considerado próximo ao goberno) infórmanos na ligazón adxunta do inicio da última fase da “Reforma das pensións”, en concreto o cálculo da xubilación e a cotización dos soldos máis altos.

Unha Reforma na que se ben atopamos algúns elementos positivos, froito da presión exercida polo movemento pensionista que conseguiu tumbar parte das medidas do anterior goberno de Rajoy como o “famoso” 025% ou o compromiso de sacar os gastos impropios da Seguridade Social ou o de realizar a tan necesaria auditoría (que, sen embargo, neste momento segue sen concretar).

Pero xunto a estes escasos puntos positivos a Reforma contén graves elementos negativos que levaron as plataformas e movementos de pensionistas dos diferentes Pobos e Comunidades do Estado a convocar para o 15 de outubro unha gran mobilización en Madrid esixindo a revalorización das pensións en función do incremento do IPC acumulado anual, por unha Pensión Mínima do 60% do salario medio, a eliminación da fenda de xénero en salarios e pensións e polo rexeitamento á privatización do Sistema Público de Pensións (SPP).

Tamén esixiremos a realización da prometida auditoría das contas da Seguridade Social aprobada na Lei 21/2021, do 28 de decembro, e aínda non realizada malia que xa pasaron máis de 6 meses desde que esa Lei foi aprobada, e ese era o prazo máximo para a súa realización de acordo co texto da mesma lei.

E desde logo estaremos pendentes deste último tramo de reformas, que vemos con razoable preocupación.

Ligazón a o artigo de Diario.es

A brecha salarial penaliza máis ás mulleres maiores de 50 anos, un período crítico para a pensión.

Análise de Pepa Montero en “65 y más” sobre a brecha salarial entre homes e mulleres, a partir dos datos do ano Instituto Nacional de Estatística actualizados en 2020. Deses datos dedúcese unha brecha do 18,7% (unha redución de apenas 0,8% respecto a 2019). Máis preocupante é como a brecha na franxa dos 50-50 anos (moi importante á hora de fixar a pensión) sube ata o 22%. Máis información no enlace.

Ligazón a o artigo.

CHAMAMENTO CONXUNTO DAS ORGANIZACIÓNS DE PENSIONISTAS DO ESTADO ESPAÑOL – MOVILIZACION O 29 DE MAIO

No día de hoxe, 29 de abril, en todos os territorios do estado, difúndese o chamamento conxunto das organizacións estatais de pensionistas que se anexa, convocando unha mobilización unitaria para o día 29 de maio. A reivindicación de pensións públicas dignas, xustas e suficientes e a oposición aos recortes e privatizacións que proxecta o ministro de seguridade social, Sr. Escrivá, son os elementos centrais da convocatoria.

A convocatoria foi lanzada inicialmente polo “Movemento de Pensionistas de Euskal-Herria”, probabelmente o movemento social de pensionistas con máis apoio cidadán do conxunto do estado, que tivo un papel destacado nas grandes mobilizacións de pensionistas dos anos 2018-2019. O MODEPEN, e outras organizacións de pensionistas do estado, despois de varias xuntanzas e contactos, decidimos facer nosa a convocatoria proposta de mobilización unitaria estatal para o día 29 de maio.

Enlace a o documento Chamamento Estatal mobilización 29 de maio

Promover a resistencia en toda Europa fronte aos plans da Comisión Europea y do BCE.

Moi interesante artigo no que a COESPE-Oficial analiza a situación europea, concluíndo que nela está aberta unha guerra asimétrica contra os pensionistas, contra a clase traballadora, a mocidade, contra os pobos, coa mesma intención de fondo, acabar coas pensións e os servizos públicos.

COESPE-Impulsar la resistencia en toda Europa frente a los planes de la Comision Europea y del BCE