Unidade-COESPE, unha das organizacións nacidas da primitiva COESPE, faille ao Ministro de Seguridade Social unha boa sínteses das principais reivindicacións dos pensionistas do Estado Español.
Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos
Unidade-COESPE, unha das organizacións nacidas da primitiva COESPE, faille ao Ministro de Seguridade Social unha boa sínteses das principais reivindicacións dos pensionistas do Estado Español.
Interesante artigo de Mikel de la Fuente, publicado en” Viento Sur”, no que se fai unha interesante análise das características do sistema de financiamento das pensións públicas no estado español. Moi útil para afondar no coñecemento do noso sistema de pensións e poder argumentar con datos contra o intento de privatizalas.
O colectivo “Comando polo Público”, no que participa a nosa compañeira Julia Castillo, a cabalo entre Oleiros e Madrid, ven de publicar un vídeo moi interesante chamando as xeracións máis novas a que defendan o Estado de Benestar baseado nas pensións e os servizos públicos.
O Movemento Galego en Defensa das Pensións (MODEPEN) ven de remitir a todos os sindicatos galegos (CIG, CCOO, UGT, CUT, CGT, CNT, CESM, OMEGA, SATSE, PROSAGAP, …) o documento que se anexa, solicitándolles o seu apoio para construír un forte movemento social a prol da suba das misérrimas pensións mínimas actuais, pola aplicación de medidas concretas para reducir a fenda de xénero, e para opoñerse ao recorte e privatización das pensións públicas que se pretende facer a través dos chamados Plans de Pensións Privadas de Empresa. O MODEPEN pídelle a todos os sindicatos que se desmarquen da xestión deses plans de pensións privados e a que renuncien aos beneficios económicos que esa xestión lles poda proporcionar.
No día de hoxe, 25 de xaneiro, realizouse unha mobilización estatal do movemento de pensionistas que tivo un amplo seguimento en todo o Estado. Aínda que por efecto da epidemia, nalgúns territorios as concentracións hanse substituido por entregas de firma ou accións nas redes sociais, a resposta foi masiva, extensa, con amplos apoios sociais e repercusión na opinión pública.
A grave situación sanitaria, motivada pola negativa evolución da COVID19, motivou a suspensións das mobilizacións convocadas polo MODEPEN para o 25 de xaneiro. Esas mobilizacións, en defensa do sistema público de pensións, incluíanse dentro dunha xornada de loita convocada por diversas plataformas de pensionistas de todo o Estado, entre elas o MODEPEN.
As actuais recomendacións do Pacto de Toledo teñen un redactado tan xenérico que pode servir tanto para mellorar como para empeora as situación das pensións actuais e, sobre todo futuras.
Interesante artigo do portavoz dos Yayo@Flautas de Cartaxena, digno de ser lido de vagar para quen queira falar con fundamento da situación actual das pensións e do Pacto de Toledo.
Artigo: As pensións e a suma de dous desastres: O Pacto de Toledo e a Reforma de Escrivá.
Consultar na Axenda para ver as concentracións en detalle.
MANIFESTO CONXUNTO DOS MOVEMENTOS SOCIAIS DE PENSIONISTAS EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS