Asociacións feministas reclaman investir en coidados ante a fenda de xénero en pensións.

Organizacións feministas presentaron no Congreso dos Deputados un conxunto de medidas dirixas a rematar coa fenda de xénero entre as persoas pensionistas, incluíndo a redución de xornada e o investimento en empregos de calidade no sector da educación infantil e a atención á dependencia.

Conxunto de medidas dirixas a rematar coa fenda de xénero entre as persoas pensionistas.

Os Fondos Privados de Empresa: o modelo Escrivá.

Artigo moi interesante e informativo de “El Viejo Topo”, no que se explica moi ben en que consisten as EPSV (Entidades de Previsión Social Voluntarias) vascas e como promoven plans de pensións privados de empresa similares aos que pretende establecer, a nivel estatal, o Sr. Escrivá, Ministro de Seguridade Socia,. O artigo salienta como eses plans favorecen aos grandes bancos e fondos de investimento, como son un paso adiante cara a privatización do actual sistema público de pensións, e como contan co inxustificábel apoio sindical de CCOO, UGT, ELA-STV e LAB.

Artigo de “El Viejo Topo”.

Promover a resistencia en toda Europa fronte aos plans da Comisión Europea y do BCE.

Moi interesante artigo no que a COESPE-Oficial analiza a situación europea, concluíndo que nela está aberta unha guerra asimétrica contra os pensionistas, contra a clase traballadora, a mocidade, contra os pobos, coa mesma intención de fondo, acabar coas pensións e os servizos públicos.

COESPE-Impulsar la resistencia en toda Europa frente a los planes de la Comision Europea y del BCE